Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 1997 Páx. 432

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo na súa sesión do 26 de decembro de 1996, e a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria. A reunión terá lugar o xoves, día 30 de xaneiro de 1997, na sala de conferencias do Centro Cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz, nº 13, desta cidade, ás dezaoito horas en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segunda convocatoria, conforme a seguinte orde do día:

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Aprobación, se é o caso, da xestión do consello, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación de excedentes. Informe da comisión de control con respecto a ela.

3. Aprobación, se é o caso, das liñas xerais do plan de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento da obra social 1996 e orzamento para 1997.

5. Informe da comisión de control sobre a súa actuación en 1996.

6. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea.

Solicítaselles ós señores conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de forma que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 8 de xaneiro de 1997.

Ramón Cornejo Molíns

Presidente do Consello de Administración