Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 1997 Páx. 430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996 pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, para a adxudicación da obra que máis abaixo se indica.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 413/96.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: conexión peatonal entre a ETS de enxeñeiros industriais e minas e a ETS de enxeñeiros de telecomunicación.

b) Lugar de execución: Lagoas-Marcosende.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 29.035.380 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 580.708 ptas.

Definitiva: 1.161.416 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalziación do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixida:

Grupo G, subgrupo 6, categoría E.

Grupo I, subgrupo 1, categoría C.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Oporto, nº 1-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 30 de decembro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

0105