O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: subministración de circuítos, conexións e outros para 1997.
Orzamento: 19.606.060 ptas.
Garantía provisional: 392.121 ptas.
-Lote 1: chave 3 vías.
Orzamento: 1.514.160 ptas.
Garantía provisional: 30.283 ptas.
-Lote 2: tapón intermit Luer-Look.
Orzamento: 4.770.000 ptas.
Garantía provisional: 95.400 ptas.
-Lote 3: tapón cono combinado Luer-Look.
Orzamento: 318.000 ptas.
Garantía provisional: 6.360 ptas.
-Lote 4: esponxa ollo Hemosteta.
Orzamento: 2.100.000 ptas.
Garantía provisional: 42.000 ptas.
-Lote 5: tubo bulbo 7 mmx30 mm (rolo).
Orzamento: 1.059.300 ptas.
Garantía provisional: 21.186 ptas.
-Lote 6: tubo bulbo 7 mmx2,4/3 m (cortado).
Orzamento: 3.525.000 ptas.
Garantía provisional: 70.500 ptas.
-Lote 7: tubo bulbo osíxeno 5 mm (rolo).
Orzamento: 600.000 ptas.
Garantía provisional: 12.000 ptas.
-Lote 8: circuíto respiratorio infantil.
Orzamento: 574.600 ptas.
Garantía provisional: 11.492 ptas.
-Lote 9: circuíto respiratorio adultos.
Orzamento: 5.145.000 ptas.
Garantía provisional: 102.900 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.
II. Prazo de entrega: a primeira entrega ós quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista. O resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixéximo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que
remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 9 de decembro de 1996.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
0052