O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: subministración de catéteres diversos e outros para 1997.
Orzamento: 25.769.945 ptas.
Garantía provisional: 515.399 ptas.
-Lote 1: conector Swivel e Swivel para broncoscopio.
Orzamento: 4.934.345 ptas.
Garantía provisional: 98.687 ptas.
-Lote 2: kit monitorización arterial dunha (1) vía e de dúas (2) vías.
Orzamento: 6.530.000 ptas.
Garantía provisional: 130.600 ptas.
-Lote 3: set de cateterización central 2 vías 7F 30 cm e 3 vías 7F 30 cm.
Orzamento: 4.844.000 ptas.
Garantía provisional: 96.880 ptas.
-Lote 4: catéter presión arterioradial 8 cm 4F e arterio femoral 20 cm 4F.
Orzamento: 2.613.600 ptas.
Garantía provisional: 52.272 ptas.
-Lote 5: kit introductor 8,5F.
Orzamento: 6.848.000 ptas.
Garantía provisional: 136.960 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.
II. Prazo de entrega: a primeira entrega ós quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista. O resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixéximo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 9 de decembro de 1996.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
9622