Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 1997 Páx. 423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de ofertas de concursos publicados no DOG número 1 do 2 de xaneiro de 1997.

-Contratación, como expediente anticipado de gasto, do servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia.

1) Prazo de presentación de ofertas: rematará ás catorce horas do día 23 de xaneiro de 1997.

2) Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás dez horas e trinta minutos do día 27 de xaneiro de 1997.

-Contratación, como expediente anticipado de gasto, do servicio de apoio técnico-funcional á explotación do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA), con destino a tódalas consellerías e delegacións provinciais da Xunta de Galicia, polo sistema de concurso aberto, con trámite de urxencia.

1) Prazo de presentación de ofertas: rematará ás catorce horas do día 23 de xaneiro de 1997.

2) Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás once horas do día 27 de xaneiro de 1997.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

9620