Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada para a contratación dunha subministración de vendas e esparadrapos para 1997 (C.P. 2/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos

correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de vendas e esparadrapos para 1997.

Orzamento: 17.050.962 ptas.

Garantía provisional: 341.019 ptas.

-Lote 1: esparadrapo tea 10mx10cm.

Orzamento: 1.418.820 ptas.

Garantía provisional: 28.376 ptas.

-Lote 2: esparadrapo de papel 2,5; 5 e 7,5.

Orzamento: 2.353.000 ptas.

Garantía provisional: 47.060 ptas.

-Lote 3: esparadrapo de seda 10x10.

Orzamento: 623.200 ptas.

Garantía provisional: 12.464 ptas.

-Lote 4: tecido autoadhesivo en rolo 10x10; 10x15; 10x20.

Orzamento: 1.876.245 ptas.

Garantía provisional: 37.525 ptas.

-Lote 5: venda Autoadhesiva 5; 7,5 e 10.

Orzamento: 2.414.990 ptas.

Garantía provisional: 48.300 ptas.

-Lote 6: venda crepe 5x04; 7x04; 10x04; 10x10.

Orzamento: 4.861.545 ptas.

Garantía provisional: 97.231 ptas.

-Lote 7: venda ieso fraguado rápido 5 cm; 10 cm; 15 cm; 20 cm.

Orzamento 2.607.162 ptas.

Garantía provisional: 52.143 ptas.

-Lote 8: venda cohesiva 10x4 tipo Coban.

Orzamento: 896.000 ptas.

Garantía provisional: 17.920 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

II. plazo de entrega: a primeira entrega ós quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista. O resto segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e tecnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e

demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: a proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 9 de decembro de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

9616