En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nestes, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación (SMAC) desta delegación provincial e ás 11 horas do día 10 de decembro de 1996, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de A Coruña de Veterinarios de Pequeños Animales (Acopeva), que teñen os seguinte ámbitos:
Territorial: provincial.
Profesional: veterinarios de pequenos animais con clínica legalmente establecida.
Asinan a acta de constitución: Francisco Orro Arcay e dúas persoas máis.
Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 16 de decembro de 1996.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
9616