De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a elas tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e, unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG, o funcionario seleccionado non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado a Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1996.
Tomás Pérez Vidal
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes
ANEXO I
Código do posto N. C. espec. Gr Corpo do posto Dependenc. Localidade académica/
Formación
específica
Denominación
Titulación
AG.C99.40.302.27001.001 28 1.376.841 A/B Especial Xefe Ser. (Direc. Laborat. Sanidade e Prod. Animal) Dir. Xeral Prod. Agrope. e II.AA. Lugo
AG.C99.10.701.32001.001 28 1.376.841 A/B Especial Xefe Ser. Montes e Indust. Forestais Delegación provincial Ourense
AG.C99.10.000.15001.001 16 491.745 C/D Xeral Secretario/a delegado Delegación provincial A Coruña
ANEXO II:
Nota: úsese o que se publica na páxina 366.
9556