Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 1997 Páx. 304

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA

ACORDO do 2 de decembro de 1996 polo que se somete a información pública o prego único refundido de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares para a xestión, mantemento e explotación das instalacións deportivas e piscina cuberta e climatizada de Campolongo (piscinas, squash e ximnasio) na modalidade de concesión administrativa, anunciándose o procedemento aberto para a súa adxudicación, por concurso.

Obxecto.-Contratación mediante concurso aberto da xestión, mantemento e explotación das instalacións deportivas e piscina cuberta e climatizada de Campolongo (piscinas, squash e ximnasio), na modalidade de concesión administrativa.

Duración do contrato.-O contrato de xestión do servicio terá unha duración de 2 anos, contados desde a formalización do contrato, podendo ser prorrogado por anos, cun máximo de dous (2) anos máis.

Canon da concesión.-Será ofrecido polo contratista-concesionario na súa proposta.

Garantía provisional.-Será depositada na Caixa do Concello de Pontevedra a favor do organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, en calquera das formas establecidas no Art. 36.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, na contía de 700.000 pesetas.

Documentación.-A esixida na cláusula 17 do prego único refundido de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación empresarial.-A esixida na cláusula 15 do prego único refundido: grupo III; subgrupos 5, 6 e 7; categoría B.

Presentación de proposicións.-No rexistro do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, r/ J.M. Pintos s/n, 36005 Pontevedra, no prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. Se fora sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.-O acto de apertura de proposicións económicas será público e terá lugar nas instalacións do Pazo Municipal de Deportes de Pontevedra ás 13 horas do día seguinte ós dez días naturais seguintes ó do remate do prazo sinalado para a presentación de proposicións; se fora sábado a apertura realizarase o día seguinte hábil.

Modelo de proposición.-Axustarase ó modelo oficial reflectido na cláusula 18 do prego.

Información pública.-O prego único refundido de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares para a contratación de xestión, mantemento e explotación das instalacións deportivas e piscina cuberta e climatizada de Campolongo (piscinas, squash e ximnasio) na modalidade de concesión administrativa, aprobado pola Xunta Rectora do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, en sesión celebrada o día 19 de novembro de 1996, sométese a información pública, polo prazo de oito días hábiles, para os efectos de consulta, alegacións ou reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a convocatoria da licitación, polo procedemento de concurso aberto e tramitación ordinaria do expediente, polo prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No suposto de que foran presentadas reclamacións contra o prego único refundido aprobado, a licitación (acto de apertura de proposicións) aprazarase ata que aquelas foran resoltas pola Xunta Rectora e, en todo caso, antes da finalización do prazo sinalado para a adxudicación do contrato.

Pontevedra, 2 de decembro de 1996.

Fernando Gago Ruibal

Presidente