Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Servicios Técnicos de Reparación de Electrodomésticos de Línea Blanca, Marrón PAE,e Industrial de Galicia (Asterga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real

decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento

da Lei 19/1977, do 1 de abril,e para os efectos

previstos neste, faise público que, no correspondente

servicio desta dirección xeral, foron depositados a

acta de constitución e estatutos da Asociación de

Servicios Técnicos de Reparación de Electrodomésticos

de Línea Blanca, Marrón PAE,e Industrial de Galicia

(Asterga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asocia-ción

tódalas persoas físicas, empresarios, propietarios

ou traballadores autónomos de servicios técnicos dos

denominados de gama branca e marrón,e aqueles

que estean encadrados dentro dos electrodomésticos

PAE ou industrial, que teñan o seu centro de acti-vidade

en Galicia.

Asinan a acta de constitución: Jorge Fernández

Diéguez e seis persoas máis.

Santiago de Compostela,9 de decembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais