Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/261-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Made, Energías Renovables, S.A.

Enderezo social: Avda. de Burgos, 8-B, planta 18, 28000 Madrid.

Denominación: liña de 132 kV no parque eólico das Pontes.

Situación: As Pontes.

Características técnicas: liña aérea a 132 kV, de dobre circuíto con orixe na subestación do parque eólico do Bostelo, da sociedade peticionaria e final na subestación do Tesouro, propiedade de Endesa, cunha lonxitude de 13 792 m discorrendo polo municipio das Pontes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9643