Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en San Vicente, Carracedo e Trascastro.
Situación: Láncara.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 138 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 25 kV. 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 900 metros, para mellora do servicio eléctrico en San Vicente, Carracedo e Trascastro, concello de Láncara.
Orzamento: 4.472.045 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 20 de novembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9472