Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 261

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001489/96, interposto pola Confederación Intersindical Galega.

O 27 de novembro de l996, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 0l/000l489/96, interposto pola Confederación Intersindical Galega, contra a orde da Consellería de Xustiza, do 2 de setembro de l996 (DOG do 20 de setembro de l996), pola que se convocan cursos superiores de linguaxe xurídica galega para o persoal ó servicio da Administración de xustiza.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei, do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei l0/l992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de l996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

19