Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52279).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, polígono da Grela-Bens, 15008 A Coruña, para a auto

rización administrativa da instalación que segue: modificado 1 ó proxecto de L.M.T., C.T., R.B.T. Pedrouzos (Melide) consistente en: L.M.T. de 757 metros de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada Xubial e final no C.T. que se vai construír denominado Pedrouzos.

C.T. de 50 kVA, tipo intemperie.

R.B.T. a 380/220 V que parte do C.T. denominado Pedrouzos, cunha lonxitude de 280 metros en R.Z. Municipio de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 11 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9454