Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Martínez de Lugo, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Martínez de Lugo, S.L. (código 2700542), da provincia de Lugo, asinado o día 23 de outubro de 1996, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de novembro de l996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo para o ano 1996

Empresa Martínez de Lugo, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

As normas contidas no presente convenio colectivo serán de aplicación á empresa Martínez de Lugo, S.L., e afectan a tódolos traballadores dela e ós que ingresen no cadro de persoal durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a tódolos traballadores do cadro de persoal da empresa que estean prestando os seus servicios no momento da súa entrada en vigor ou sexan contratados durante a súa vixencia.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A súa vixencia será dun ano de duración a partir do 1 de xaneiro de 1996, acordándose que en canto ós conceptos salariais incrementaranse nun 2, 75% para o ano 1996, aplicado cos criterios que se sinalarán no artigo 28º do presente convenio.

Así mesmo fíxase como prazo de denuncia do convenio o dun mes da súa expiración, por escrito e por

calquera das partes denunciantes, comunicándollo así á outra.

Artigo 4º.-Non compensación de melloras.

As condicións de traballo fixadas no convenio terán o carácter de mínimas e, na súa virtude, serán nulas e non producirán efecto ningún entre as partes, os pactos ou cláusulas que impliquen condicións menos favorables para o traballador, sen que o convenio poida limitar ou diminuír en ningún caso, situacións obtidas polos traballadores, individual ou colectivamente, as melloras económicas do presente convenio non poderán compensar ou absorber aqueloutras que os traballadores viñesen desfrutando. Estas últimas melloras manteranse intanxibles, e consecuentemente, engadiranse en íntegra contía ós salarios que segundo categorías se establecen neste convenio.

Artigo 5º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio colectivo percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes no aboamento de trienios do 5% sobre os salarios que se fixen nas táboas anexas para o ano 1996. Para o cómputo da antigüidade considerarase data inicial a de ingreso no cadro de persoal, calquera que sexa a categoría na que se realiza este e conservarase en caso de ascenso. O incremento que os trienios supoñen de acordo coas escalas que para estes se acompañan, seguirán computándose durante a vida activa do traballador e considerarase tempo hábil para estes efectos, a aprendizaxe, aspirantes, auxiliares de caixa, persoal de limpeza, etc. Nesta materia haberá que aterse ó disposto no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores, en canto á regulación dos topes máximos.

Artigo 6º.-Pagas extraordinarias.

Con ocasión da festividade de Nadal aboarase nesta data unha gratificación extraordinaria, consistente no salario fixado para cada categoría profesional no vixente convenio, entendéndose como tal a suma do soldo, antigüidade e mellora voluntaria.

Así mesmo, nos meses de xullo e setembro de cada ano, aboaráselle a todo o persoal unha gratificación extraordinaria por importe dunha mensualidade calculada sobre a base do parágrafo anterior, fixándose como data tope para o seu aboamento os días 15 de xullo e 15 de setembro.

Os traballadores que no momento do aboamento das pagas extraordinarias anteriormente citadas, non levasen un ano ó servicio da empresa, percibirán a parte proporcional delas ó tempo traballado e os que deixasen a empresa antes de cumpri-lo ano de servicio nesta terán dereito a percibi-la parte proporcional correspondente ós meses transcorridos desde o seu ingreso na empresa.

Artigo 7º.-Paga de beneficios.

Igualmente no mes de marzo e como data tope o día 15 en concepto de paga de beneficios aboarase unha gratificación equivalente a unha mensualidade calculada na forma que determina o artigo anterior, percibindo os traballadores as partes proporcionais nos mesmos supostos establecidos no citado artigo.

Artigo 8º.-Baixa por enfermidade, maternidade e accidente.

Nestes casos, actuarase de acordo co que estableza a lei no seu momento, a partir de que se produza a situación de baixa do traballador.

Logo do estudio do caso concreto, no suposto de consideralo procedente, a empresa aboará ó seu persoal en situación de baixa por enfermidade, accidente ou maternidade durante os seis primeiros meses de duración desta, unha cantidade que representará a media das primas ou incentivos percibidos polo traballador durante os seis meses anteriores de producirse tal situación de baixa.

Para estes efectos, será determinante o informe do comité de empresa ou delegados de persoal e a conformidade do dito informe por parte da empresa.

Artigo 9º.-Baixas do persoal.

Neste aspecto, haberá que aterse ó que a lei determine en cada momento.

Artigo 10º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores afectados de capacidade diminuída terán que ser aplicados noutra actividade distinta á da súa categoría profesional e adecuada á súa aptitude. A capacidade diminuída debe ser acreditada e certificada por persoal técnico facultativo oficial, en tódolos casos.

Respectarase o salario que tivese acreditado, antes de pasar á dita situación e conservando o dereito ós aumentos que por convenios, pactos, etc, experimente no sucesivo a categoría que tivese no momento de producirse o feito determinante da diminución da súa capacidade.

A asignación destes postos faraa a empresa, logo da notificación ó comité de empresa ou delegados de persoal.

Artigo 11º.-Xornada e horario.

Durante a vixencia do presente convenio, a xornada de traballo axustarase ó cadro que figura no anexo A que se achega e afecta a tódolos traballadores, sen distinción de categorías ou funcións.

Como os sábados non son laborables, a empresa poderá negociar directamente cos traballadores o retén para o sábado; pactando directamente con estes, as condicións económicas ou outra clase de compensación.

Acórdase, así mesmo, que este artigo se adaptará á situación laboral que emane das disposicións legais sobre materia de xornada laboral e horario.

Artigo 12º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de trinta días naturais para tódolos traballadores que cumprisen un ano de antigüidade na empresa, desfrutándose de forma ininterrompida agás acordo en contra de ámbalas partes. O desfrute destas procurarase que coincida coa tem

pada estival e no caso de desacordo, haberá que aterse ó previsto na lei.

Os traballadores que non cumprisen un ano efectivo na empresa, caso de interesarlles, estarán no seu dereito de desfruta-lo tempo proporcional ó período traballado.

Artigo 13º.-Cesamento voluntario por matrimonio.

Os traballadores que se rixan polo presente convenio e que cesen voluntariamente na empresa con motivo de contraer matrimonio terán dereito a un dote de tantas mensualidades de soldo convenio máis antigüidade, se é o caso, como anos de servicio levase prestados á empresa, sen que poida exceder de seis mensualidades, a empresa poderá esixi-la exhibición do certificado de matrimonio, logo do aboamento deste concepto.

Artigo 14º.-Premios de nupcialidade e natalidade.

Ó persoal da empresa concederáselle os seguinte premios nos casos que se fixan:

a) Ó contraer matrimonio, 12.000 ptas.

b) Ó nacer cada fillo, 15.000 ptas.

Como no caso do artigo anterior, o traballador deberá acreditar documentalmente o feito que orixina os premios mencionados.

Artigo 15º.-Xubilación, invalidez e falecemento.

A) O traballador que se xubile ó servicio da empresa percibirá no concepto de gratificación unha cantidade equivalente a 6 mensualidades de soldo-convenio de acordo coa escala en vigor no momento de producirse tal situación.

No caso de invalidez total, absoluta ou falecemento do traballador, a empresa aboará ós seus habentes dereito 6 mensualidades, de acordo co contido do parágrafo anterior.

B) Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo, establécese unha xubilación forzosa ós 65 anos de idade para aqueles traballadores que teñan un mínimo cotizado de 35 anos á Seguridade Social, no dito suposto cobrarán as 6 mensualidades previstas no artigo anterior.

Artigo 16º

No non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na lexislación laboral vixente.

Artigo 17º.-Incentivos, primas de producción e comisións de venda.

1) A empresa negociará para o prazo de vixencia deste convenio co persoal que se cita a continuación as condicións de incentivación por vendas e productos, sendo o dito persoal o seguinte: director comercial, xefe de servicio posvenda, xefe de recambios, xefe de vendas de vehículos e delegados de vendas (viaxantes).

2) Polo que respecta ó resto do persoal establécense as seguintes condicións:

2.1. Se o beneficio neto da empresa é perda, o incentivo que vai percibir será cero.

Para estes efectos trimestralmente revisarase o sistema e aínda a pesar de que un mes se producise perda, se o acumulado dos tres meses é beneficio, actuarase de acordo co apartado 2.2. deste artigo. A dita revisión trimestral será definitiva e non se poderá acumular ó seguinte trimestre. É dicir, o ciclo de revisión e recuperación pecharase cada tres meses.

2.2. Se o resultado é beneficio e tomando como base os incentivos e primas de producción aprobados pola dirección e asinados por todo o persoal, con data 1-4-1979, actuarase da forma seguinte:

a) Se o beneficio non supera as 50.000 ptas./mes aboarase o 90% das cantidades pactadas no seu día. Superadas as 50.000 ptas./mes aborase o 100% da citada cantidade. Ó igual que no apartado 2.1 neste caso pecharase o ciclo cada trimestre.

b) En calquera dos casos en que se devenguen incentivos estes estarán suxeitos ó índice corrector de presencia de acordo co:

HP (horas presencia)

1 x

HM (horas traballo mes)

Será penalizada calquera tipo de ausencia ó traballo, excepto vacacións, labor sindical ou cursos establecidos pola empresa.

Para efectos do índice corrector de presencia, non se computarán as horas extraordinarias realizadas polo persoal que son pagadas á parte cos incrementos correspondentes.

Artigo 18º.-Fondo social.

A empresa outorga 100.000 ptas. anuais a fondo perdido que serán administradas polos representantes dos traballadores, coa denominación de fondo social, o cal elaborará no prazo de dous meses a normativa a que deben axustarse as condicións de aplicación deste fondo, para coñecemento do persoal.

Artigo 19º.-Aplicación do convenio.

En cumprimento ó preceptuado pola lei, constituirase unha comisión paritaria composta por dous representantes de cada unha das partes negociadoras, co fin de asesorar e informar sobre a interpretación e aplicación do presente convenio. Os acordos desta comisión adoptaranse por maioría e sen non se lograse, ámbalas dúas partes acordan somete-la interpretación legal decisoria á xurisdicción laboral competente.

Artigo 20º.-Seguro de vida.

A empresa seguirá mantendo en vigor o seguro de vida (para casos de morte ou invalidez) que se concertou cunha compañía de seguros en beneficio do seu persoal.

Artigo 21º.-Outras melloras.

A aqueles traballadores que teñan ascendentes ou descendentes subnormais de calquera cualificación

que deles dependan, aboaráselles 5.000 ptas. mensuais por cada un.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas para reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perdas de materias primas; realización.

b) Horas extraordinarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate: mantemento sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación prevista legalmente.

c) A dirección da empresa informará mensualmente ó comité de empresa ou delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, se as houber, especificando as causas e distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados nos apartados a e b a empresa e o comité ou delegados de persoal determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias, notificándollo mensualmente á autoridade laboral, para efectos de dar cumprimento no establecido na normativa vixente sobre cotizacións á Seguridade Social.

Artigo 23º.-Plus de transporte.

O plus de transporte para os empregados desta empresa é o de 160 ptas. por día de presencia, durante a vixencia deste convenio, excepto para aqueles ós que a empresa teña asignado un vehículo ó seu servicio.

Artigo 24º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia para tódalas categorías profesionais na contía de 300 ptas. por día de presencia. Este plus terá o carácter de inabsorbible igual có reflectido no artigo anterior, nin en parte por algún incremento salarial.

Como o seu nome indica devengarase por día efectivamente traballado, perdéndose polas circunstancias seguintes:

a) A falta dunha xornada de traballo ó mes, sen causa xustificada, dará lugar á perda de 10 días no plus.

b) A falta de traballo de 2 días ó mes, sen causa xustificada, dará lugar á perda correspondente ó plus de todo o mes.

Artigo 25º.-Licencias e permisos retribuídos.

Serán os que figuran no anexo C durante a vixencia deste convenio onde se establecen os xustificantes que se deben achegar en cada caso.

Artigo 26º.-Promoción especial.

Os auxiliares administrativos, os mozos de taller ou calquera outro mozo, que leven nesta categoría máis de 5 anos na empresa deberán ser ascendido a oficiais ou a especialistas respectivamente, se existen tales vacantes e, de non ser así, asignaráselle

o soldo correspondente ás ditas categorías, aínda que conserven a anterior.

Artigo 27º.-Axudas por desprazamentos.

Durante a vixencia deste convenio, as axudas de custo que percibirá todo o persoal desta empresa cando, por motivos de traballo, tivesen que desprazarse fóra do lugar onde radica o punto de venda, serán os seguintes: almorzo 400 ptas., xantar 1900 ptas. cea, 1400 ptas.

Total diario: 3.700 ptas.

Se tivese necesidade de pernoctar fóra, o hotel xustificarase parte coa correspondente factura, pero a nome da empresa. Así mesmo, é indispensable para ter dereito á axuda de custo por almorzo ter pernoctado fóra o día anterior.

As axudas de custo anteriormente citadas serán incrementadas en 500 ptas. diarias cando os desprazamentos se realicen fóra da provincia de Lugo.

Artigo 28º.-Mellora económica.

Con efecto do 1 de xaneiro de 1996 establécese un incremento proporcional para o dito convenio e para tódalas categorías dun 2,75% (dos setenta e cinco por cento) en concepto de soldo-convenio, quedando en virtude deste acordo os salarios fixados no anexo B, como na folla achegada se indica.

Así mesmo, no concepto de mellora voluntaria increméntase nun 2,75% (dous setenta e cinco por cento) en cada unha das 16 pagas e para cada un dos traballadores no cadro de persoal ó día 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 29º.-Pluses de penosidade e toxicidade.

En atención ás súas especiais condicións de traballo, os oficiais da sección de chapa e pintura, percibirán durante a vixencia do convenio 100 ptas. por día efectivo de traballo e os mozos e aprendices destas seccións, así como os de estación de servicio, 60 ptas. por día en concepto de plus de penosidade e toxicidade. O dereito á percepción do dito plus extinguirase igualmente polas circunstancias e contías que se indican no artigo 24º referido ó plus de asistencia.

Artigo 30º

Polo que respecta a temas tales como garantía de representantes de persoal, novos ingresos, permisos e licencias retribuídos, permisos sen soldo, excedencias promoción de persoal (forma de cubrir vacantes) haberá que aterse ó que a lexislación laboral determine, procurando sempre que nas relacións bilaterais entre a empresa e os traballadores impere sempre o sentido común e o diálogo constructivo.

Artigo 31º

Esta empresa realiza actividades comprendidas na ordenanza laboral de comercio.

ANEXO A

Calendario laboral e horario para o ano 1996

Acórdase establece-lo seguinte calendario laboral:

1. Declararanse inhábiles para efectos laborables, retribuídos e non recuperables, ademais dos sábados e domingos do ano, os que figuren nos calendarios laborais do ano 1996, vixente na Comunidade Autónoma de Galicia e para Lugo, capital onde está situada a empresa.

2. De luns a venres, ámbolos dous inclusive, coa xornada seguinte:

-Mañá: de 9 h de entrada a 13.30 h de saída.

-Tarde: de 15.30 h de entrada a 19 h de saída.

É de aplicación ó presente convenio calendario e horario o acordo figurado no artigo 11º do presente convenio.

ANEXO B

Táboa salarial 1996

(Excluídos: antigüidade, mellora voluntaria, incentivos e pluses)

CategoríaSoldo mesSoldo ano

Persoal directivo
Director xerente103.9961.663.936
Xefe Admon. ou comptroller99.0591.584.944
Director comercial91.6491.466.384
Xefe de servicio ou xefe post-venda91.6491.466.384
Xefe de recambios90.8341.453.344

Persoal de vendas novos e usados
Xefe de Secc. Merc. ou xefe vendas87.5331.400.522
Xefe equipo vendas85.8971.374.352
Viaxantes85.0631.361.008
Recepcionista vendedor exposición85.0631.361.008

Persoal administratativo
Xefe sección administrativa87.5331.400.528
Xefe equipo administración86.9981.391.968
Contable86.7111.387.376
Caixeiro86.7111.387.376
Oficial administrativo A86.9981.391.968
Oficial administrativo B86.7111.391.968
Aux. administrativo A83.8161.341.056
Aux. administrativo B83.3761.334.016
Aspirante a administrativo72.8241.161.184

CategoríaSoldo mesSoldo ano

Varios
Cobrador85.0631.361.008
Telefonista83.3761.334.016
Limpador83.3761.334.016
Vixilante83.3761.334.016

Persoal de recambios
Xefe de Secc. mercantil ou xefe vendas87.5331.400.528
Xefe equipo recambios86.9981.391.968
Dependentes máis de 25 anos85.0631.361.008
Dependente de 23 a 25 anos84.2411.347.856
Axudante de dependente83.3761.334.016
Mozo almacén83.3761.334.016
Aprendiz de 16 a 18 anos72.8241.165.184

Persoal de taller

CategoríaSoldo mesSoldo ano

Mestre de taller87.5331.400.528
Xefe equipo taller86.9981.391.968
Oficial 1ª85.0631.361.008
Oficial 2ª84.2411.347.856
Oficial 3ª83.3761.334.016
Prof. de oficio de 1ª85.0631.361.008
Prof. de oficio de 2ª84.2411.347.850
Prof. de oficio de 3ª83.3761.334.016
Mozo especialista83.3761.334.016
Mozo83.3761.334.016

Conductores
Prof. de oficio de 1ª85.0631.361.008
Prof. de oficio de 2ª84.2411.347.856
Prof. de oficio de 3ª83.3761.334.016

ANEXO C

Cadro de motivos para permisos retribuídos

MotivoLugo provinciaO. provinciasXustificantes

1. Falecemento de pais, cónxuxes, fillos ou irmánsCatro días naturaisCatro días naturaisCertificado do médico ou da parroquia
2. Falecemento de pais políticos, avós ou netosTres días naturaisCatro días naturaisDocumento expedido por médico, acreditando parentesco ou esquela
3. Falecemento de irmáns políticos, avós políticosDous días naturaisCatro días naturaisOs mesmos documentos ca no punto 2º
4. Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de pais dun ou outro cánxuxe, fillos, irmáns, cónxuxes ou avósTres días naturaisCatro días naturaisCertificado do médico no que se faga consta-la gravidade do paciente
5. Operación cirúrxica non graveUn día natural Dous días naturaisCertificado do médico
6. Matrimonio do traballadorQuince días naturaisQuince días naturaisLibro de familia
7. PaternidadeTres días naturais dos cales polo menos dous laborablesCatro días naturais dos cales polo menos dous laborablesLibro de familia ou certificado do xulgado
8. Matrimonio de pais, fillos, irmáns, irmáns políticosUn día naturalDous días naturaisDocumento do xulgado, igresa ou invitación.
9. Asistencia médica á Seguridade SocialTempo indispensableXustificante da Seguridade Social onde conste a hora de finalización da consulta
10. Traslado de domicilioUn día natural Certificado de axencia de mudanza.

Importante.-O parte médico de baixa por enfermidade, estendido polo médico da Seguridade Social, debe ser entregado polo departamento de persoal, antes de corenta e oito horas.

8905