Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMOEIRO

EDICTO polo que se somete a información pública a aprobación inicial das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Amoeiro.

Aprobadas inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión extraordinaria celebrada o día 21 de novembro de 1996, as normas subsidiarias de planeamento do concello de Amoeiro, sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Ourense e nun dos diarios de maior circulación desta última, durante o cal poderán ser examinadas no concello e formula-las alegacións que se consideren pertinentes, conforme establece o artigo 114 do Real

decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana. Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 102 da antedita lei, acórdase a suspensión de outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito de todo o concello, exceptuándose da dita suspensión aquelas que, cumprindo coa normativa vixente, no incumpran o que se aprobou inicialmente. O período de suspensión farase efectivo ata a aprobación definitiva das mencionadas normas, sen sen que poida o dito prazo supera-los dous anos.

Amoeiro, 25 de novembro de 1996.

Manuel Fernández Rincón

Alcalde

9440