Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 1997 Páx. 142

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (511/1996-04).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado nos autos de xuízo e executivo número 511/1996, seguidos neste xulgado por instancia do Banco Español de Crédito, S.A., representado pola procuradora Goimil Martínez, contra Arturo Camiño Núñez, sobre reclamación de cantidade de 5.062.039 pesetas, importe do principal e 1.000.000 de pesetas para xuros, gastos e custas, e dado que o demandado se atopa en ignorado paradoiro, por medio da presente cédula cítase o dito demandado, co fin de que no termo legal improrrogable de nove días compareza nos autos en legal forma, mediante procurador e letrado e se opoña á execución se lle convén, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría, á súa disposición e apercibíndoo de que de non comparecer será declarado en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volver citalo nin facerlle

outras notificacións que as que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento, procedeuse ó embargo dos seus bens, que se xunta á presente cédula.

Notifícaselle por medio da presente cédula a existencia do procedemento á muller do demandado, para os efectos previstos no artigo 144 do Regulamento hipotecario.

E para que así conste e lle sirva de citación de remate, ó demandado en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9453