Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 1997 Páx. 141

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996 pola que se nomea a Mª Gloria Fiestras Janeiro, profesora titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa (praza 59/1995).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 30 de novembro de 1995 (BOE do 25 de decembro), para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa, a prol de Mª Gloria Fiestras Janeiro, DNI nº 35.287.995, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Gloria Fiestras Janeiro, profesora titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, con

tado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 10 de decembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

9697