Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 1997 Páx. 73

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1996 pola que se prorrogan 23 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Insvestigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

A Orde do 6 de novembro de 1995 (DOG nº 238, do 14 de decembro de 1995), e a Orde do 25 de abril de 1996 (DOG nº 105, do 3 de xuño de 1996), polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, prevén na súa base terceira a concesión de prórrogas ós bolseiros que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 2 de xuño de 1986, modificada pola Orde do 18 de outubro de 1991, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, o gasto que se proxecta está condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio do ano 1997 en trámite parlamentario.

Na súa virtude e de acordo co establecido no parágrafo terceiro da base terceira das referidas ordes de convocatoria, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselle prórroga para desfrutar da bolsa durante un período dun ano, que se contará a partir do 1 de xaneiro de 1997, ás persoas que se relacionan no anexo á presente orde.

Segundo.-A contía das bolsas durante o período de prórroga será de 122.000 ptas. mensuais, segundo o establecido na base segunda das mencionadas ordes de convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO

Nome dos beneficiariosNIF

Anido Silvosa, Mª Xesús33.316.673 T
Lamela Villaravid, Mª do Carme76.570.099 V
Araújo García, Mª Teresa35.457.907 A
Diz Gamallo, Inés Mª35.561.285 L
Monteagudo Cabaleiro, Mª Teresa36.091.491 J
Vázquez Grandas, Mª del Pilar32.791.205 J
Fernández Rei, Elisa33.992.319 K
Magán Abelleira, Fernando33.278.788 L
Rodiño Caramés, Ignacio35.318.409 T
Rodríguez Castaño, Mª del Carmen36.093.989 C
Ron Fernández, José Javier32.656.790 X
González Fernández, Mª Fe33.317.564 V
Rodríguez Blanco, Jesús Antonio34.959.681 A
Sierra Veloso, Xurxo36.091.874 K
Soto López, Mª Isabel36.090.165 Z
Domínguez Alberte, Xoán Carlos36.074.055 G
Equizábal Gándara, Begoña36.073.762 X
Rodrígues Estéves, Amelia36.149.520 Y
Fernández Guiadanes, Antonio36.118.434 Q

Nome dos beneficiariosNIF

Vázquez Pacho, Mª Carmen44.075.189 J
López Pérez, Mª Xosé33.278.794 W
Viqueira Liñares, Mª Clara33.291.264 Y
Carrillo Boutureira, Francisco José36.083.097 F

9478