Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 58

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996 pola que se nomea a Antonio Gallardo Correa, profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente (praza 9/1996).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 17 de xaneiro de 1996 (BOE do 14 de febreiro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da

área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente, a prol de Antonio Gallardo Correa, DNI nº 31.230.735, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Gallardo Correa, profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 10 de decembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

9381