Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza da Casa do Mar do Grove (C.P. 2/1997).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: contratación do servicio de limpeza das dependencias onde está situada a Casa do Mar do Grove.

2. Orzamento: 6.100.000 ptas. (IVE incluído).

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-97

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/95, de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administración públicas.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos na claúsula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

9. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, r/ México 26-1ª planta 36204 Vigo, teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (r/ México, 26-4ª,36204-Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, r/ de México 26-6ª planta de Vigo, as 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán aporta-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario del.

Pontevedra, 13 de decembro de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo (Área Norte)

9602