Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de

decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da C-531. Treito: Xinzo de Limia-Alto do Forriolo.

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 5.935.720 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada OU-104. Treito: Alto do Couso-Maceda.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 4.995.668 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada Rozas-Abadín. Treito: Moman-Moncelos.

Adxudicatario: Ciesa.

Orzamento: 4.381.390 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada OU-311. Treito: A Mezquita-fronteira portuguesa.

Adxudicatario: Prointec, S.A.

Orzamento: 4.044.876 ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da LU-612. Treito: Ferreira do Valadouro-Cangas de Foz.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 6.249.761 ptas.

Asistencia técnica redacción da revisión do plan de estradas de Galicia.

Adxudicatario: Tranor, S.L.

Orzamento: 20.841.279 ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da AC-450. Treito: Bertamiráns-Negreira.

Adxudicatario: Comercial Palmeiro, S.L.

Orzamento: 5.242.731 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, e susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público ós efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9412