Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 11.992

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

Os presupostos para 1997 sitúanse nun período que marcará de forma crucial o desenvolvemento futuro da Comunidade Autónoma de Galicia. Os retos suscitados en relación coas expectativas de incorporación ás sucesivas fases da Unión Europea levan consigo especiais requirimentos de superación dos desequilibrios que afectan a modernización da nosa economía, ós que debería dárselles resposta para que poidamos situarnos nas mellores condicións de integración cos países que máis aló dos espacios económicos de nova creación participan desde tempo atrás da nosa identidade cultural máis profunda.

Como instrumento ó servicio da consecución deses obxectivos o presuposto de 1997 pon o seu acento na incentivación da política investidora así como na reducción do déficit; obxectivos unicamente conciliables mediante unha orientación restrictiva do gasto corrente, que esixiu sacrificios evidentes, como sen dúbida resulta se-la inalterabilidade das retribucións do persoal, e unha maior racionalización do uso dos recursos públicos.

Consonte eses criterios, que en todo caso deberon respecta-lo mantemento dos actuais niveis de gastos destinados ás políticas de educación e de protección social, os presupostos xerais da Comunidade Autónoma incorporan nos seus estados de gastos as modificacións que instrumentalizan a consecución dos obxectivos e das prioridades propostos.

Á súa vez, o texto articulado da lei introduce diversas novidades, entre as que poden ser destacadas as seguintes:

No título I, «Da aprobación dos presupostos e das súas modificacións», e coa finalidade de acentua-las esixencias de rigor na execución dos gastos presupostarios, suspéndese durante o ano 1997 a condición de ampliables que de acordo co disposto na Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia se lles atribúe ós créditos destinados ó pagamento de productos farmacéuticos procedentes de receitas médicas. Igualmente amplíase a relación dos supostos ós que se lles aplica un maior grao de desagregación no referente á vinculación de créditos presupostarios.

No título II, «Dos gastos de persoal», determínase que as retribucións do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma, tanto o que presta servicios na Administración xeral coma o que o fai nos distintos órganos estatutarios e nas sociedades públicas, non experimentarán incremento respecto das do ano 1996.

Por outra parte, consígnanse de forma expresa as retribucións que lles corresponden ós membros do Consello Consultivo, que iniciou as súas actividades ó longo do exercicio anterior, e que tampouco experimentan variación en 1997.

Dentro do título III, «Das operacións financeiras», amplíase o importe máximo dos avais que poden ser concedidos polo IGAPE durante o ano 1997 como parte das súas actuacións de apoio ás empresas, e determínase o importe dos que a Xunta de Galicia poderá concederlles ás sociedades públicas que expresamente se mencionan.

No título IV, «Normas tributarias», elévanse os tipos das taxas de contía fixa e modifícanse diversos artigos do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Entre esas modificacións inclúense as necesarias para levar a cabo a adaptación ás directrices comunitarias en materia de taxas que se deben percibir polas inspeccións e controis sanitarios de carnes frescas, entre outras.

No título V, «Da xestión presupostaria», introdúcese a posibilidade de que a Administración autonómica acorde a compensación de débedas coas corporacións locais. Así mesmo, e como mecanismo de control financeiro, establécese para as sociedades públicas a obriga de lle remitiren á Consellería de Economía e Facenda a información económico-financeira derivada da súa actividade.

Introdúcese un novo título VI, «Da xestión recadatoria», para regula-la xestión que nesa materia lle corresponde á Facenda pública da Comunidade Autónoma, así como os órganos ós que se lles encomenda e o persoal que deberá realizala.

Entre as disposicións adicionais destaca a que autoriza o Consello da Xunta para constituír unha sociedade pública das previstas no artigo 12.1.a) da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, coa finalidade de proxectar, construír, conservar e explotar toda clase de infraestructuras promovidas pola Administración autonómica. Noutras disposicións aparecen recollidas modificacións que afectan o artigo 52 da Lei da función pública de Galicia, fixando un novo suposto de pase á situación de servicios especiais, e a Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei, a Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

TÍTULO I

Da aprobación dos presupostos e das súas modificacións

Capítulo I

Os créditos iniciais e o seu financiamento

Artigo 1.-Ámbito dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, que se aproban nos termos indicados nesta lei, están integrados por:

a) Os presupostos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos seus organismos autónomos.

b) Os presupostos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

c) Os presupostos dos demais entes públicos ós que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 2.-Presupostos da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos presupostos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos consígnanse créditos por importe de 870.051.112.000 pesetas. A súa distribución, en miles de pesetas, é a seguinte:

Organismo

Cap. I-VII

Gastos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral da C.A.541.209.8353.974.07020.404.809565.588.714

OO.AA. administrativos286.037.345165.000286.202.345

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros17.867.053393.00018.260.053

TOTAL845.114.2334.532.07020.404.809870.051.112

As transferencias internas entre os presupostos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos seus organismos autónomos representan 28.502.940.000 pesetas, segundo o seguinte detalle, en miles de pesetas:

Destino:

Organismo

Comunidade

Autónoma

OO.AA.

administrativosOO.AA.

comerciais,

industriais

e financeiros

Total

Administración xeral da C.A.20.173.5218.329.41928.502.940

OO.AA. administrativos

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros

TOTAL20.173.5218.329.41928.502.940

Dous.-A distribución dos créditos por funcións, en miles de pesetas, establécese da forma seguinte:

FunciónsImporte

11Alta dirección da Comunidade Autónoma3.481.143

12Administración xeral12.961.239

21Seguridade Social e protección social37.193.068

22Promoción social21.727.876

23Protección civil e seguridade1.751.998

31Sanidade277.629.206

32Educación190.746.978

33Vivenda e urbanismo20.045.055

34Benestar comunitario11.291.453

35Cultura15.918.598

36Outros servicios comunitarios e sociais11.124.716

41Infraestructura básica e do transporte33.232.154

42Outras infraestructuras14.130.283

43Investigación científica, técnica e aplicada4.054.679

44Información estatística básica583.059

51Actuacións económicas xerais2.470.407

52Comercio1.939.826

53Actividades financeiras5.299.576

61Agricultura, gandería e pesca35.076.563

62Industria1.399.723

63Enerxía4.907.750

64Minería80.000

65Turismo3.025.752

71Industrialización e reordenación industrial15.938.513

72Desenvolvemento empresarial1.075.635

73Mellora da competitividade en grupos de interese galego8.009.625

81Transferencias a entidades locais78.467.908

91Débeda pública56.488.309

TOTAL870.051.112

Tres.-A distribución orgánica e económica do presuposto consolidado, en miles de pesetas, é como segue:

SecciónCap. ICap. IICap. IIICap. IVCap. VICap. VIICap. VIIICap. IXTotal

Parlamento1.010.675502.800168.00092.00012.00013.5001.798.975
Consello de Contas462.671119.32560034.0005.0005.000626.596
Consello da Cultura Galega37.000169.12215.0003.500224.622
Presidencia e Admón. Pública3.912.3042.040.2932.628.2194.276.2711.736.52914.593.616
Economía e Facenda3.025.018586.7211.252.0591.695.15411.840.30550.00018.449.257
Polít. Terr., O.P. e Vivenda2.986.446287.6021.773.25221.381.00023.026.000900.00050.354.300
Educación e Ord. Universitaria126.697.43415.344.64848.119.76512.030.4503.236.5004.000205.432.797
Industria e Comercio1.302.977223.443743.003546.76011.348.368954.89015.119.441
Agricultura, Gandería e Montes9.833.204894.874469.30615.594.43721.860.131686.68049.338.632
Cultura e Comunicación Social2.359.9881.026.34310.020.1314.246.0003.340.000610.00021.602.462
Sanidade e Servicios Sociais7.469.8484.250.79523.311.4523.864.520878.48039.775.095
Pesca, Marisqueo e Acuicultura2.920.654577.661247.4433.349.25210.463.59517.558.605
Xustiza, Interior e Rel. Laborais2.146.9521.525.1201.526.6891.269.000817.0007.284.761
Familia, Muller e Xuventude4.671.0213.128.4909.975.553742.000395.00018.912.064
Consello Consultivo de Galicia155.64226.95046.440229.032
Transferencias a CC.LL.74.061.00074.061.000
Débeda pública36.083.50020.404.80956.488.309
Gastos diversas consellerías926.000566.090750.0002.242.090

TOTAL ADMÓN. XERAL169.917.83431.270.27736.083.500174.311.47269.170.78488.958.9083.974.07020.404.809594.091.654

Escola Galega Admón. Pública112.919272.86121.4807.000414.260
Instituto Galego de Estatística282.05133.6083.400264.000583.059
Augas de Galicia592.466130.0009.613.000366.00010.701.466
Instituto Galego de Consumo406.16334.57666.864154.000661.603
Servicio Galego de Saúde127.287.22968.687.84660.594.30016.243.729150.000165.000273.128.104
Academia Galega de Seguridade41.595110.687152.282
SEGAPIHOM85.77247.614428.185561.571
Inst. Galego de Vivenda e Solo901.946315.98810.0008.386.0667.330.968393.00017.337.968
Inst. Lácteo e Gandeiro de Galicia117.91236.721104.400259.033
Inst. Gal. Artes Esc. e Musicais181.35095.630100.000286.072663.052

TOTAL OO.AA.130.009.40369.765.53110.00061.214.22935.058.2677.846.968558.000304.462.398

TOTAL PTO. BRUTO299.927.237101.035.80836.093.500235.525.701104.229.05196.805.8764.532.07020.404.809898.554.052

TOTAL TRANSF. INTER.299.927.237101.035.80836.093.50011.532.968104.229.05116.969.9724.532.07020.404.80928.502.940

TOTAL PTO. CONSOLIDADO223.992.73379.835.904870.051.112

Catro.-Nos estados de ingresos dos presupostos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 870.051.112.000 pesetas, distribuídos da seguinte maneira, en miles de pesetas:

Organismo

Cap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Comunidade Autónoma517.581.9052.00048.004.809565.588.714

OO.AA. administrativos286.202.345286.202.345

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros18.250.05310.00018.260.053

TOTAL822.034.30312.00048.004.809870.051.112

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 3.765.900.000 pesetas. O seu detalle recóllese no anexo I desta lei.

En cumprimento do establecido no artigo 42.2 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 2.100.000.000 de pesetas.

Artigo 3.-Presupostos das sociedades públicas.

Un.-Presuposto das sociedades mercantís.

As dotacións concedidas e os recursos estimados das sociedades públicas elévanse a 22.132.000.000 de pesetas, de acordo coa distribución que se indica:

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.7.610.000.0007.610.000.000

Sociedade de Imaxe e Prom. Turística de Galicia, S.A.1.377.000.0001.377.000.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.5.446.000.0005.446.000.000

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.404.000.000404.000.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.609.000.000609.000.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.344.000.000344.000.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo1.205.000.0001.205.000.000

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia411.000.000411.000.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia383.000.000383.000.000

Galioil, S.A.136.000.000136.000.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.2.213.000.0002.213.000.000

Galicia Calidade, S.A.51.000.00051.000.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia1.611.000.0001.611.000.000

Xestión Enerxética de Galicia228.000.000228.000.000

Centro Europeo de Empresas e Innovacións de Galicia, S.A.104.000.000104.000.000

Total22.132.000.00022.132.000.000

Dous.-Presuposto dos restantes entes públicos.

Os estados de gastos e ingresos dos entes públicos ós que se refire o apartado c) do artigo 1 acadan un total de 29.967.000.000 de pesetas, detallado como segue:

Entidades publicasIngresosGastos

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades14.360.000.00014.360.000.000

Instituto Galego de Promoción Económica9.532.000.0009.532.000.000

Fundación Pública Hospital de Verín1.358.000.0001.358.000.000

Portos de Galicia4.149.000.0004.149.000.000

Obras e Servicios Hidráulicos220.000.000220.000.000

Consello Económico e Social132.000.000132.000.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía216.000.000216.000.000

Total29.967.000.00029.967.000.000

Capítulo II

Das modificacións presupostarias

Artigo 4.-Competencias específicas en materia de modificacións presupostarias.

Sen prexuízo do establecido na Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia e con validez exclusiva para 1997 autorízanselle o conselleiro de Economía e Facenda as seguintes competencias específicas en materia de modificacións presupostarias:

a) Para incorporar ó presuposto de 1997 os créditos de exercicios anteriores, cando correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas e prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas consellerías no anexo IV, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro de acordo co previsto no artigo 8 desta lei.

c) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferencia que poida existir entre a liquidación definitiva da porcentaxe de participación nos ingresos do Estado para 1996 e a estimada no estado de ingresos de 1997 para o dito concepto.

d) Para xerar crédito, cando sexa necesario, na aplicación presupostaria correspondente, por contía igual ó importe das compensacións económicas derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

e) Para ampliar ata unha suma igual ás obrigas que se recoñezan, logo do cumprimento das formalidades legalmente establecidas ou das que se establezan, os créditos que, incluídos no presuposto da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos dos organismos autónomos e/ou nos doutros entes públicos aprobados por esta lei, se enumeran a seguir:

1. Os destinados ó pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola

Comunidade Autónoma, dándolle conta ó Parlamento no prazo dun mes.

Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección presupostaria á que figuren adscritos.

2. Os destinados a satisface-las cantidades que deben percibi-los liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

3. Os créditos destinados ó pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, predios, locais e edificacións complementarias correspondentes ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes ós traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito Instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

4. Os destinados ó pagamento dos premios de cobranza de tributos e demais ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma.

5. As obrigas de carácter periódico contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas, pola diferencia existente entre o prezo das divisas previsto e o custo real destas no momento do pagamento.

6. Os créditos que sexan necesarios nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflecti-las repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

7. Os créditos de transferencias a favor da Xunta de Galicia que figuren nos presupostos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da Tesourería que resulten como consecuencia da súa xestión.

f) En relación co presuposto do Servicio Galego de Saúde:

1. Para ampliar ou minorar créditos por un importe igual á diferencia que poida resultar entre as previsións iniciais de transferencias procedentes do INSALUD e as que efectivamente se liquiden.

2. Para realiza-las adaptacións presupostarias que resulten precisas como consecuencia da participación do SERGAS nos créditos que poidan ser previstos polo Estado para a compensación de insuficiencias presupostarias no sistema sanitario.

g) Para adaptar ós importes dos compromisos de ingresos recoñecidos a contía dos créditos incluídos no estado de gastos do presuposto correspondentes a transferencias finalistas. No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos

da sección de que se trate, preferentemente por operacións correntes, por proposta da Consellería afectada.

Artigo 5.-Vinculación de créditos.

Considéranse vinculantes, co grao de desagregación que a continuación se indica, os seguintes créditos:

130.02, «Outros pluses de persoal laboral»;

202.00, «Arrendamento edificios e outras construccións»;

220.03, «Diario Oficial de Galicia»;

223.08, «Transporte escolar»;

226.01, «Atencións protocolarias e representativas»;

226.02, «Publicidade e propaganda»;

226.06, «Reunións e conferencias»;

226.09, «Outros»;

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas»;

227.06, «Estudios e traballos técnicos»;

230, «Axudas de custo»;

231, «Locomoción»;

233, «Outras indemnizacións».

As transferencias ás que se refire o artigo 67 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 6º.-Créditos ampliables.

Durante o ano 1997 non terán a condición de ampliables os créditos destinados ó pagamento de productos farmacéuticos procedentes de receitas médicas ós que se refire o artigo 64.1.f) da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 7º.-Limitacións.

Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e con vixencia para 1997, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente, sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo.

Polo que se refire ás seccións 07, «Educación e Ordenación Universitaria», 11, «Sanidade e Servicios Sociais», e 14, «Familia, Muller e Xuventude», e respecto dos créditos destinados ás prestacións sociais, a limitación indicada no parágrafo anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 15% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. A mencionada porcentaxe será do 20% para o Servicio Galego de Saúde.

Artigo 8º.-Adecuación de créditos.

Co fin de garanti-lo equilibrio económico-financeiro na execución do presuposto para 1997, os créditos incluídos nos estados de gastos experimentarán os axustes necesarios para acomoda-lo seu importe ó dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos no presuposto de ingresos da Comunidade Autónoma.

O Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos que sexan precisos para darlle cumprimento ó previsto no parágrafo anterior.

As modificacións que puidesen efectuarse en virtude do disposto neste artigo seranlle comunicadas á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos dentro do prazo de trinta días desde a súa autorización.

TÍTULO II

Dos gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 9º.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non experimentarán en 1997 incremento con respecto ás establecidas no exercicio de 1996 para cada posto de traballo.

Dous.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos deberán axustarse ó establecido neste artigo, resultando inaplicables en caso contrario.

Tres.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Catro.-Este artigo aplicaráselle ó persoal ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) A Fundación Hospital de Verín.

e) As sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 10º.-Criterios retributivos aplicables ó persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non sometido a lexislación laboral.

a) As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico non experimentarán variación con respecto ás establecidas no exercicio de 1996, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente co contido de especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade del.

b) O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, non experimentará variación con respecto ó do exercicio de 1996, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

c) Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

d) As indemnizacións por razón do servicio rexeranse pola súa normativa específica.

As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ós beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de presupostos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 11º.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no número catro do artigo 9 non poderá experimentar ningún crecemento respecto da correspondente a 1996, sen prexuízo do que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da productividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cunha distribución e aplicación individual que se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social devengados durante 1996 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio presupostario, exceptuándose, en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ó sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realiza-lo traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ó réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para 1997 deberase satisface-la totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e tódalas que se produzan ó longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ó devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores ós que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 12.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas, incluídas as pagas extraordinarias, dos altos cargos fíxanse para o ano 1997 nas seguintes contías:

Presidente: 11.351.148 pesetas.

Conselleiros: 9.347.376 pesetas.

Secretarios xerais, directores

xerais e asimilados: 7.441.716 pesetas.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no punto un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ó conselleiro maior, que se fixarán para 1997 en 9.947.376 pesetas.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 1997 nas seguintes contías:

Presidente: 9.947.376 pesetas.

Conselleiros: 9.347.376 pesetas.

Catro.-Os altos cargos terán dereito á percepción dos trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Cinco.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia

serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da Consellería á que se atopen adscritos, aínda que en ningún caso poderán experimentar incremento con respecto ás percibidas en 1996.

Artigo 13.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías para 1997 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 14.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 10 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 1997 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

Grupo Soldo Trienios

A 1.824.444 70.056

B 1.548.456 56.040

C 1.154.268 42.060

D 943.812 28.080

E 861.624 21.060

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas dunha mensualidade do soldo e trienios e que se devengarán de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988.

c) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

Nivel Pesetas

30 1.602.036

29 1.437.012

28 1.376.568

27 1.316.112

26 1.154.628

25 1.024.416

24 963.972

23 903.552

22 843.084

Nivel Pesetas

21 782.760

20 727.116

19 689.952

18 652.824

17 615.672

16 578.580

15 541.428

14 504.312

13 467.160

12 430.008

11 392.916

10 355.776

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ó posto que se desempeñe, do que a súa contía non experimentará variación con respecto á aprobada para o exercicio de 1996, sen prexuízo do previsto no artigo 10 desta lei.

e) O complemento de productividade que, se é o caso, se destine a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O complemento de productividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de productividade deben facerse públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servicios extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta da Consellería correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 1997, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ó producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, incluso as que poidan derivar do cambio de posto de traballo.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o punto anterior, así como ós funcionarios eventuais e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 15.-Retribucións do persoal estatutario ó servicio das institucións sanitarias.

O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as súas retribucións básicas e complementarias nas contías que resulten da súa propia lexislación.

Artigo 16.-Retribucións en casos especiais.

As retribucións básicas dos funcionarios pertencentes ás clases de médicos titulares, farmacéuticos titulares, practicantes titulares e matronas titulares que presten os seus servicios en postos de traballo propios da súa clase non experimentarán en 1997 variación sobre as correspondentes retribucións básicas percibidas no ano 1996.

As retribucións complementarias destes funcionarios fixaranse de acordo coa normativa vixente que lles sexa aplicable.

O resto do persoal sanitario funcionario non comprendido nos parágrafos anteriores percibirá as retribucións básicas e complementarias que lle correspondan en aplicación do disposto no artigo 10 desta lei.

O establecido neste artigo para os funcionarios pertencentes ás clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares enténdese sen prexuízo da aplicación, se é o caso, do sistema retributivo resultante da nova ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo

Artigo 17.-Prohibición de ingresos atípicos.

Durante o ano 1997, os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ó réxime de arancel, non poderán percibir participación ningunha nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á Administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servicio ou xurisdicción, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, e sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre desfrute de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 18.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 1996 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 11/1995 e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, continuaranse percibindo as mesmas retribucións que no ano 1996.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante 1997 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta das consellerías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ós funcionarios entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 19.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Durante o ano 1997 será preciso informe favorable conxunto das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública para proceder a determinar ou modifica-las condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) A Fundación Hospital de Verín.

e) As sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban en 1997, deberá solicitarse da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que se poidan contraer como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante 1996, que non poderán ser incrementadas para 1997.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo, do cal as retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberán comunicárselle á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante 1996.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe a que se refire o punto un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos puntos anteriores, entenderase por determinación ou modificación de condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) Asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no punto un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) Aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) Fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) Outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emiti-lo informe sinalado no punto un deste artigo, as consellerías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ó seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, achegando a valoración de tódolos seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 1997 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ó control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto no artigo 11 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ó que determinen as futuras leis de presupostos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para 1997 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 20.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes ó 1 de xaneiro de 1997 serán obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións presupostarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 21.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Excepcionalmente, o Consello da Xunta poderá autoriza-la inclusión de cláusulas indemnizatorias que garantan ata un 15% das retribucións que se per

cibirían desde a extinción anticipada da relación laboral ata o termo inicialmente previsto como duración do contrato.

En calquera caso, cando a extinción da relación laboral tivese lugar dentro dos últimos doce meses de vixencia do vínculo contractual, a única indemnización aplicable será a prevista no parágrafo primeiro deste artigo.

Artigo 22.-Contratación de persoal laboral con cargo ós créditos de investimentos.

Un.-Con cargo ós respectivos créditos para investimentos, as consellerías e os organismos autónomos unicamente poderán formalizar contratacións de persoal, de carácter temporal, nos seguintes casos:

-Contratación de persoal para a dirección de obras de investimentos, así como para a redacción de proxectos e liquidación de obras, sempre que non poidan ser executadas por persoal fixo.

-Contratación de persoal en réxime laboral, sempre que concorran os seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servicios que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servicios correspondan a investimentos previstos e aprobados nos presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servicios non poidan ser executados por persoal fixo.

Dous.-Os contratos terán que formalizarse seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración pública. Nos contratos farase consta-la obra ou o servicio para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Tres.-A contratación poderá exceder do exercicio presupostario cando se trate de obras ou servicios que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia ou nesta propia Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1997.

Catro.-O servicio xurídico da Consellería, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos, con carácter previo á súa formalización, e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación uti

lizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Cinco.-A realización dos contratos regulados neste artigo será obxecto de fiscalización previa nos casos en que esta resulte preceptiva de conformidade co disposto nos artigos 94 a 117 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 23.-Modificación do réxime xurídico e retributivo do persoal sanitario.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, dentro das dispoñibilidades presupostarias existentes, a dicta-las disposicións e a adopta-los acordos que afecten o réxime xurídico e retributivo do persoal sanitario funcionario pertencente ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares que sexan necesarios para a implantación da nova ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e, en particular, a deseña-lo tránsito do actual réxime xurídico funcionarial ó réxime xurídico propio do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, garantindo o principio de voluntariedade na integración e con respecto ó status funcionarial tanto do persoal que se integre coma do non integrado e sen prexuízo da adecuación funcional, territorial e retributiva dos postos de traballo pertencentes á clase de matronas titulares.

Artigo 24.-Autorización dos custos de persoal das universidades de Galicia.

Un.-De conformidade co disposto no artigo 54.4 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación coa súa disposición final segunda, autorízanse para o ano 1997 os custos de persoal funcionario, docente e non docente, e contratado docente das universidades de competencia da Administración autonómica, polos importes detallados no anexo II desta lei.

Dous.-As universidades de competencia da Administración da Comunidade Autónoma ampliarán os seus créditos do capítulo I en función da distribución que do crédito 07.05.322C.440.00 realice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, caso no que non será aplicable o contido no artigo 55.1 da citada Lei orgánica de reforma universitaria.

TÍTULO III

Das operacións financeiras

Capítulo único

Avais

Artigo 25.-Avais.

Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, o importe máximo dos avais que poderán ser concedidos pola Xunta de Galicia durante o ano 1997 será de 2.000.000.000 de pesetas.

Con independencia desa cantidade, o IGAPE poderá conceder avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 23.000.000.000 de pesetas.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o IGAPE ata un importe igual ó non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida supera-la cifra de 25.000.000.000 de pesetas.

Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia poderá concederlle tamén avais a SOGAMA ata un importe máximo de 6.000.000.000 de pesetas. Igualmente, con destino á sociedade pública prevista na disposición adicional décimo segunda poderán concederse avais ata un importe máximo de 4.000.000.000 de pesetas. En ámbolos casos poderase convi-la renuncia ó beneficio de excusión previsto no artigo 1.830 do Código civil.

Artigo 26.-Información ó Parlamento.

O Goberno remitiralle trimestralmente ó Parlamento a información necesaria para coñece-la lista de avais amortizados, a lista de pagamentos efectuados por falidos, a lista de importes recuperados e o risco acumulado. Esta información darase para tódolos avais que se dean ou se desen desde a Administración da Xunta de Galicia ou dos seus organismos autónomos e entes públicos.

Artigo 27.-Operacións de crédito.

Un.-De acordo co previsto no artigo 32 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, a variación da posición neta debedora da Comunidade Autónoma ó final do exercicio de 1997 non poderá exceder de 27.600.000.000 de pesetas.

Dous.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ó financiamento de actuacións en materia de vivenda e solo, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos en 1997 non poderá superar en ningún caso os 4.000.000.000 de pesetas.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Tres.-Trimestralmente informarase á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos das operacións realizadas dentro do programa de endebedamento da Xunta para o exercicio.

Artigo 28.-Débeda da Tesourería.

O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio de 1997, conforme o disposto no artigo 31 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura nos presupostos como ingresos correntes incondicionados.

Artigo 29.-Endebedamento dos organismos autónomos e sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio de 1997 os organismos autónomos e sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesourería, con prazo de reembolso inferior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-En ningún caso poderán concertarse sen autorización previa do conselleiro de Economía e Facenda operacións que impliquen a superación da variación de pasivos establecida nos presupostos iniciais dos organismos autónomos e sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Destas autorizacións daráselle conta á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento.

Tres.-En todo caso as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberán serlle comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

TÍTULO IV

Normas tributarias

Capítulo único

Tributos propios

Artigo 30.-Taxas.

Un.-Elévanse os tipos das taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas que o modifican, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,03 ás contías esixibles á entrada en vigor desta lei, exceptuando as tarifas que experimenten algunha modificación na contía no número dous deste artigo; este coeficiente seralles aplicable ás contías que con carácter mínimo ou máximo se establecen en todo tipo de tarifas, tanto de taxas de contía fixa coma variable.

O resultado da aplicación do anterior coeficiente obterase tendo en conta a seguinte norma de redondeo: redondéanse ó 5 as comprendidas entre o 1 e o 5, e ó 0 as comprendidas entre o 6 e o 9, co aumento neste último suposto dunha cantidade na cifra das decenas. Cando o resultado sexa inferior a 20 pesetas non se redondeará, tampouco se producirá ese redondeo cando se trate de tarifas fixadas en función dalgún tipo de unidade e exista un máximo fixado nela e se obteña un resultado inferior a 100 pesetas.

Considéranse taxas de contía fixa cando non están determinadas por unha porcentaxe sobre unha base ou esta non se valora en unidades monetarias. Exceptúanse do incremento establecido anteriormente aquelas taxas que se recadan mediante efectos timbrados.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións no Decreto lexislativo 1/1992 na súa redacción vixente:

1) Engádeselle ó subapartado 01.07 do artigo 18 o suposto de autorización de primeiro boletín de instalación.

2) Suprímese do subapartado 03.07 do artigo 18 o suposto de primeiro boletín de instalación, quedando como supostos desa tarifa os cambios e as baixas do boletín de instalación.

3) Engádeselle ó subapartado 06.07 do artigo 18 o suposto de cambio de titular.

4) Engádenselles ós subapartados 01 e 03 do apartado 10 do artigo 18 os supostos de solicitude de traslado.

5) Engádenselles ós subapartados 01 e 02 do apartado 11 do artigo 18 os supostos de autorización de traslado, e os subapartados 04 e 05 quedan redactados como seguen:

«04. Modificacións substanciais de autorizacións de instalación e apertura ou que afecten o proxecto técnico 305.530 ptas.

05. Outras actuacións e modificacións non substanciais 61.110 ptas.»

6) Modifícase o apartado 14 do artigo 18, quedando redactado como segue:

«14. Expedición de licencias de pesca continental e matrículas de embarcacións:

01. Clase A: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, maiores de 18 anos ou menores de 65 2.400 ptas.

02. Clase A-1: iguais características cá clase A, pero cun período de validez de quince días370 ptas.

03. Clase B: válida para estranxeiros non residentes e cidadáns de países non pertencentes á Unión Europea 4.800 ptas.

04. Clase B-1: iguais características cá clase B, pero cun período de validez de quince días 480 ptas.

05. Clase C: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, menores de 18 anos ou maiores de 65 1.200 ptas.

06. Clase C-1: iguais características cá clase C, pero cun período de validez de quince días 370 ptas.

07. Clase D: licencia profesional para a pesca de anguía, angula, lamprea e especies de estuario 6.000 ptas.

08. Clase E: licencia especial para embarcacións e artefactos boiantes que se empreguen no exercicio da pesca 1.800 ptas.

Recargo para licencias que inclúan a pesca do reo e do salmón 750 ptas.

Recargo para pesca a flote 370 ptas.»

7) Engádeselle ó subapartado 01 do apartado 17 do artigo 18 o suposto de duplicado de permisos de explotación e o de ampliación ou cambio de artes ós supostos de permisos de explotación desde embarcación.

Modifícase o subapartado 02, quedando redactado como segue:

«02. Expedición ou duplicado para pesca deportiva ou convalidación de licencias outorgadas por outras administracións públicas territoriais con competencia na materia:

a) Pesca deportiva desde terra ou desde embarcación.

Expedición e revalidación anual (excepto xubilados e menores de idade) 1.640 ptas.

b) Pesca submarina de recreo.

Expedición e revalidación anual 6.550 ptas.

c) Permiso temporal de pesca submarina de recreo.

Expedición 4.000 ptas.»

8) Modifícase a terminoloxía dos títulos que aparecen en segundo e quinto lugar do apartado 20 do artigo 18 pola que segue respectivamente:

«Técnico.

Certificado de aptitude do ciclo superior do primeiro nivel de ensinanzas especializadas de idiomas.»

9) Engádense os subapartados 04 e 05 ó apartado 21 do artigo 18, coa seguinte redacción:

«04. Renovación de tarxetas acreditativas das titulacións de patrón de embarcación de recreo ou mergullo profesional 5.000 ptas.

05. Validación de cada tarxeta de autorización federativa expedida pola Federación correspondente550 ptas.»

10) Engádese o apartado 24 ó artigo 18, co seguinte texto:

«24. Autorizacións de espectáculos taurinos:

-Becerradas e noveis 1.485 ptas.

-Novilladas sen picadores 3.730 ptas.

-Novilladas con picadores 5.610 ptas.

-Corridas de touros 7.460 ptas.

En poboacións de menos de 10.000 habitantes a contía reducirase nun 20%.»

11) Engádese o apartado 25 ó artigo 18, co seguinte texto:

«25. Inscrición no Rexistro de Augas:

-Primeira inscrición 2.000 ptas.

-Modificación da primeira inscrición 1.000 ptas.

-Cambio de titular 1.500 ptas.»

12) Modifícase o artigo 19, quedando redactado como segue:

«Artigo 19

1.-Constitúe feito impoñible da taxa por servicios profesionais a prestación por parte dos órganos da Administración, entes de dereito público con personalidade xurídica propia que por lei teñan que axusta-la súa actividade ó ordenamento xurídico privado e organismos autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia dos servicios profesionais que afecten ou beneficien dun xeito particular os suxeitos pasivos.

2.-No suposto da tarifa 08 do artigo 23, constitúe o feito impoñible a prestación das actividades realizadas pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para preserva-la saúde pública, mediante a práctica de inspeccións e controis sanitarios de animais e as súas carnes frescas destinadas ó consumo e efectuados polos facultativos dos servicios correspondentes, nos locais ou establecementos de depósito, matadoiro ou manipulación sitos no territorio da Comunidade, así como mediante os demais controis e análises realizados nos centros habilitados para o efecto.

Para efectos da exacción do tributo, as actividades de inspección e control sanitario que se inclúen dentro do feito impoñible catalóganse do seguinte xeito:

* Inspeccións e controis sanitarios ante mortem para a obtención de carnes frescas de gando bovino, porcino, ovino e caprino, solípedes/équidos, aves de curral e coellos.

* Inspeccións e controis sanitarios post mortem dos animais sacrificados para a obtención das mesmas carnes frescas.

* O control e selado de canais, cabezas, linguas, corazóns, pulmóns e fígados e outras vísceras e sobras destinadas ó consumo humano así como a marcaxe das pezas obtidas nas salas de despezamento.

* Operacións de almacenaxe de carnes frescas para o consumo humano, desde o momento en que así se estableza, excepto as relativas a pequenas cantidades realizadas en locais destinados á venda ós consumidores finais.»

13) Modifícase a letra a) do número 3 do artigo 21, quedando redactada como segue:

«a) Na tarifa 08 da modalidade administrativo-facultativa.

No caso das taxas relativas ás inspeccións e os controis sanitarios oficiais ante mortem e post mortem dos animais sacrificados e selado de canais e cabezas,

linguas e vísceras destinadas ó consumo humano, os titulares da explotación dos matadoiros ou lugares de sacrificio, xa sexan persoas físicas ou xurídicas.

* En canto ás taxas relativas ó control das operacións de despezamento:

a) As mesmas persoas determinadas no parágrafo anterior, cando as operacións de despezamento se realicen no mesmo matadoiro.

b) As persoas físicas ou xurídicas titulares da explotación dos establecementos dedicados á operación de despezamento de xeito independente, nos demais casos.

* E polo que respecta ás taxas relativas ó control de almacenaxe, desde o momento en que se fixen, as persoas físicas ou xurídicas, titulares da explotación das citadas instalacións de almacenaxe.

Serán responsables subsidiarios, nos supostos e co alcance previsto no artigo 40 da Lei xeral tributaria, os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral que se dediquen ás actividades suxeitas á inspección e ó control xeral que constitúe o devengo do tributo.»

14) Modifícase o artigo 22, quedando redactado como segue:

«Artigo 22.-Devengo.

1.-A taxa devengarase cando se inicie a prestación do servicio.

2.-A taxa que corresponde satisfacer pola tarifa 08 da modalidade administrativo-facultativa devengarase no momento en que se inicien as actividades de inspección e control sanitario de carnes frescas e carnes de ave de curral, nos establecementos ou instalacións en que se desenvolvan estas, sen prexuízo de que se esixa o seu previo pagamento cando o procedemento tributario se inicie por solicitude do suxeito pasivo.

No caso de que nun mesmo establecemento e por solicitude do interesado se realicen de xeito sucesivo as tres operacións de sacrificio, despezamento e almacenaxe, ou dúas delas en fases igualmente sucesivas, o total da taxa que se debe percibir farase efectivo de xeito acumulado ó comezo do proceso, con independencia do momento do devengo das cotas correspondentes, sen prexuízo do previsto nas regras de acumulación.»

15) Increméntanse as tarifas sinaladas no apartado 01 do artigo 23 nun 15%.

Engádese un suposto novo ó subapartado 04 do apartado 01 do mesmo artigo, co seguinte texto:

«Cando a autorización se conceda por un prazo de catro meses 30.000 ptas.»

16) Engádese o subapartado 06 ó apartado 04 do artigo 23, co texto seguinte:

«06. Inscrición no Rexistro oficial de establecementos e servicios de praguicidas:

-Primeira inscrición 3.000 ptas.

-Modificacións da primeira inscrición 620 ptas.»

17) Modifícase o subapartado 01 do apartado 05 do artigo 23, quedando redactado como segue:

«01. Levantamento de planos:

-Por levantamento de itinerarios (ptas./km) 3.500 ptas.

-Por confección do plano (ptas./ha) 110 ptas.

-Replanteo de planos (ptas./km ou fracción)7.130 ptas.

Mínimo 23.740 ptas.

Suprímense os subapartados 09 e 10 do mesmo apartado.

Engádeselle un parágrafo ó subapartado 13, co seguinte texto:

«En tódolos supostos deste subapartado esixirase un mínimo de 200 ptas».

18) Modifícase o subapartado 08 do apartado 07 do artigo 23, quedando redactado como segue:

«08. Revisión, toma de mostras e informes técnicos a petición de parte de industrias e explotacións gandeiras non previstos nos programas oficiais:

-Sen saír ó campo 3.675 ptas.

-Con saída ó campo 20.785 ptas.

-Se é necesario saír máis dun día.

Por cada día de máis 17.115 ptas.

-Se é o caso, por foto 370 ptas.»

19) Engádense os subapartados 16, 17, 18 e 19 ó apartado 07 do artigo 23, co seguinte texto:

«16. Autorización do veterinario para a expedición de autorizacións de traslado de animais:

-Por autorización 15.000 ptas.

-Por renovación 1.500 ptas.

17. Identificación de gando bovino, ovino e caprino por perda de identificación deste:

-Por explotación 20.180 ptas.

-Por cada animal aloxado:

* Équidos, bóvidos e similares

Máximo 16.460 ptas.

Por cabeza 175 ptas.

* Porcino, ovino e similares

Máximo 10.975 ptas.

Por cabeza 90 ptas.

* Aves, coellos, visóns e similares

Máximo 5.485 ptas.

Por cabeza 2,12 ptas.

* Colmeas

Máximo 5.485 ptas.

Por unidade 56 ptas.

18. Concesión das autorizacións previstas nos artigos 4, 39, 56, 76, 87 e 92 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro 11.870 ptas.

19. Por recoñecemento da adquisición da condición de farmacéutico de centro dispensador 2.380 ptas.»

20) Modifícase o apartado 08 do artigo 23, quedando redactado como segue:

«08. Inspeccións e controis sanitarios oficiais de carnes frescas, carnes de aves de curral e coellos.

A) Cota tributaria.

A cota tributaria esixiráselle ó suxeito pasivo pola realización das actividades de inspección e control sanitario de carnes frescas, carnes de aves de curral e coellos correspondentes ás operacións de:

-Sacrificio de animais,

-Despezamento,

-Almacenamento.

Non obstante, cando concorran nun mesmo establecemento as tres operacións anteriores, o importe total da taxa esixible comprenderá o das cotas das tres fases acumuladas no xeito previsto nas regras de acumulación.

As cotas esixibles ó suxeito pasivo pola realización de actividades de inspección e control de operacións de sacrificio realizadas en matadoiros determinaranse en función do número de animais sacrificados.

As cotas esixibles pola realización de actividades de inspección e control de operacións de despezamento e almacenaxe determinaranse en función do número de toneladas sometidas ás ditas operacións. Para estes últimos efectos e para as operacións de despezamento tomarase como referencia o peso real da carne antes de despezar, incluídos os ósos.

01. Polas actuacións conxuntas de inspección e control sanitario ante mortem, post mortem e marcaxe sanitaria de pezas aplicaranse os seguintes tipos de gravame por cabeza de gando correspondentes tanto ás actuacións sanitarias coma ás administrativas que lles son inherentes:

Tipo de gravame

(ptas./animal)

1.1. BOVINO

1.1.1. Maior con máis de 218 kg/canal 312,4

1.1.2. Menor con menos de 218 kg/canal 175,5

1.2. SOLÍPEDES-ÉQUIDOS 300

1.3. PORCINO

1.3.1. Comercial de máis de 12 kg/canal 89,6

Tipo de gravame

(ptas./animal)

1.3.2. Leitóns de menos de 12 kg/canal 11,3

1.3.3. Porcino ibérico cruzado 91,3

1.4. OVINO

1.4.1. Con máis de 18 kg/canal 33,9

1.4.2. Entre 12 e 18 kg/canal 23,6

1.4.3. De menos de 12 kg/canal 11,3

1.5. CAPRINO

1.5.1. Con máis de 18 kg/canal 33,93

1.5.2. Entre 12 e 18 kg/canal 23,57

1.5.3. De menos de 12 kg/canal 11,25

1.6. AVES DE CURRAL

1.6.1. Aves adultas con máis de 5 kg/canal 2,68

1.6.2. Aves novas de engorde con máis

de 2,5 kg/canal 1,38

1.6.3. Polos e galiñas e demais aves de

curral con menos de 2,5 kg/canal 0,75

1.6.4. Galiñas de reposición 0,75

1.7. COELLOS

1.7.1. Refugallo e menos de 2,5 kg/canal 0,75

1.7.2. Máis de 2,5 kg/canal1,38

1.7.3. Máis de 5 kg/canal2,68

02. A cota relativa ás inspeccións e ós controis sanitarios nas salas de despezamento, incluído o etiquetado e a marcaxe de pezas obtidas nas canais, fíxase en 200 pesetas por tonelada.

03. A cota relativa ó control e á inspección das operacións de almacenamento, desde o momento en que se establezan por producirse o desenvolvemento previsto no anexo da Directriz 93/118/CE, cífrase igualmente en 200 pesetas por tonelada.

O importe da taxa correspondente non poderá ser obxecto de restitución a terceiros a causa da exportación de carnes, xa sexa de xeito directo ou indirecto.

B) Regras relativas á acumulación de liquidacións.

Cando nun mesmo establecemento ou industria se realicen conxuntamente varias das actividades de inspección e control para as que resulten esixibles diversas cotas tributarias, procederase á súa acumulación, conforme as seguintes regras:

a) No caso de que no mesmo establecemento se efectúen operacións de sacrificio, despezamento e almacenaxe, a taxa que se debe percibir será igual ó importe acumulado das cotas tributarias devengadas polas actividades de inspección e control sanitario polas operacións de sacrificio e despezamento.

b) No caso de que nun mesmo establecemento se efectúen operacións de sacrificio e despezamento, devengarase a cota relativa a inspeccións e controis sanitarios pola operación de sacrificio de animais.

c) Cando concorran nun mesmo establecemento unicamente operacións de sacrificio e almacenaxe, só se devengará a cota relativa a inspeccións e controis sanitarios pola operación de sacrificio de animais.

d) No caso de que no mesmo establecemento se realicen soamente operacións de despezamento e almacenaxe, só se devengará a cota relativa a inspeccións e controis sanitarios de carnes polas operacións de despezamento.

C) Liquidación e ingreso.

O ingreso, en cada caso, realizarase mediante autoliquidación dos titulares de explotación dos establecementos destinados ó sacrificio, despezamento e almacenaxe de carnes frescas, no xeito e nos prazos que se establezan regulamentariamente.

Unha vez practicada a procedente liquidación de cotas que resulten polas actividades que se sinalan nos apartados anteriores, os titulares da explotación dos establecementos citados, en cada caso, percibirán o importe da taxa resultante e cargarano na correspondente factura.

A dita liquidación deberá ser rexistrada nun libro oficial habilitado para o efecto e autorizado polo órgano competente. A omisión deste requisito dará orixe á imposición das sancións de orde tributaria que correspondan con independencia das que se poidan determinar ó tipifica-las conductas dos titulares das explotacións na orde sanitaria.

Do importe resultante das correspondentes liquidacións poderanse deduci-los gastos administrativos suplidos resultantes de aplica-la táboa seguinte, non podendo supera-la cifra de 43 pesetas por tonelada para efectos de determina-lo ingreso que se debe realizar. Igualmente poderán deducirse os custos suplidos do persoal auxiliar veterinario e axudantes resultantes de aplica-la dita táboa, sen que poidan superarse as cifras de 391 pesetas por tonelada para os animais de abasto e de 120 pesetas por tonelada para as aves de curral e coellos.

Gastos

administrativos suplidos

máximos (por unidade

sacrificada)

Custos suplidos por Aux. veterinarios (por unidade sacrificada)

1.1. BOVINO
1.1.1. Maior con máis de 218 kg/canal11101
1.1.2. Menor con menos de 218 kg/canal7,569,30

1.2. SOLÍPEDES-ÉQUIDOS6,2757

1.3. PORCINO
1.3.1. Comercial con máis de 12 kg/canal3,2029
1.3.2. Leitóns de menos de 12 kg/canal0,282,60
1.3.3. Porcino ibérico cruzado4,7543

1.4. OVINO
1.4.1. Con máis de 18 kg/canal0,807,30
1.4.2. Entre 12 e 18 kg/canal0,504,70
1.4.3. De menos de 12 kg/canal0,282,60

1.5. CAPRINO
1.5.1. Con máis de 18 kg/canal0,837,50
1.5.2. Entre 12 e 18 kg/canal0,504,70
1.5.3. De menos de 12 kg/canal0,201,90

Gastos

administrativos suplidos

máximos (por unidade

sacrificada)

Custos suplidos por Aux. veterinarios (por unidade sacrificada)

1.6. AVES DE CURRAL
1.6.1. Aves adultas con máis de 5 kg/canal0,070,20
1.6.2. Aves novas de engorde con máis de 2 kg/canal0,070,20
1.6.3. Polos e galiñas e demais aves de curral con menos de 2,5 kg/canal0,070,20
1.6.4. Galiñas de reposición0,070,20

1.7. COELLOS
1.7.1. Refugallo e menos de 2,5 kg/canal0,070,20
1.7.2. Máis de 2,5 kg/canal0,070,20
1.7.3. Máis de 5 kg/canal0,070,20

Para a aplicación destas deduccións requirirase o previo recoñecemento da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que determinará os niveis aplicables.»

21) Suprímese o subapartado 05.12 do artigo 23.

22) Engádese o subapartado 03 ó apartado 13 do artigo 23, co seguinte texto:

«03. Exhumación, con traslado ou non, de restos cadavéricos 2.000 ptas.»

23) Suprímense os supostos de cemiterios, funerarias e tanatorios e de empresas de praguicidas de uso ambiental do subapartado 01 do apartado 14 do artigo 23.

24) Modifícase no subapartado 01 do apartado 14 do artigo 23 o seguinte texto:

«Oficinas de farmacia 75.000 ptas.»

Engádense os subapartados 03 e 04 -apartado 14 do artigo 23, co seguinte texto:

«03. Solicitude para participar no concurso público de autorización de novas oficinas de farmacia 5.000 ptas.

04. Solicitudes polas que se inste resolución que autorice a apertura dunha nova oficina de farmacia nun municipio ou núcleo (art. 5 do Decreto 288/1996, do 12 de xullo) 5.000 ptas.»

25) Suprímese o apartado 15 do artigo 23.

26) No subapartado 01 do apartado 19 do artigo 23 engádese o tramo correspondente a establecementos de 51 a 100 unidades de aloxamento cunha tarifa de 25.750 ptas.

27) Modifícase o apartado 21 do artigo 23, quedando redactado como segue:

«21. Por autorización en materia de costas:

Sobre o importe do proxecto suxeito a autorización 1%

Mínimo de 11.180 ptas.

Máximo de 108.000 ptas.»

28) Engádese o apartado 27 ó artigo 23, co seguinte texto:

«27. Autorización de apertura e posta en funcionamento de centros de servicios sociais. (Fase de visita de inspección unha vez terminadas as obras e emisión de informe previo ó permiso de inicio de actividade) 18.000 ptas.»

29) Engádese o apartado 28 ó artigo 23, co seguinte texto:

«28. Seguimento e control da realización de ensaios e experiencias da eficacia de productos fitosanitarios:

-Con productos funxicidas 50.000 ptas.

-Con outros productos 25.000 ptas.»

30) Engádese o apartado 29 ó artigo 23, co seguinte texto:

«29. Concesións en materia de augas:

01. Concesión para usos hidroeléctricos 9.500 ptas.

02. Concesión para outros usos 9.000 ptas.

03. Autorización previa para transmitir ou grava-la concesión 7.000 ptas.

04. Autorización da transferencia da concesión 7.000 ptas.

05. Autorización de modificación de características da concesión, rehabilitación ou revisión dela 6.500 ptas.

06. Autorización de modernización, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos6.500 ptas.

07. Outras autorizacións 5.000 ptas.»

31) Engádese o apartado 30 ó artigo 23, co seguinte texto:

«30. Autorizacións en materia de augas:

01. Autorización de obras e instalacións no dominio público hidráulico 5.000 ptas.

02. Autorización de vertido 7.000 ptas.

03. Autorizacións para a utilización ou o aproveitamento de leitos 6.000 ptas.

04. Outras autorizacións 5.000 ptas.»

32) Engádese o apartado 31 ó artigo 23, co seguinte texto:

«31. Actuacións en materia de control e vixilancia do dominio público hidráulico:

-Visitas de control, media xornada 10.000 ptas.

-Visitas de control, xornada completa15.000 ptas.»

33) Engádese o apartado 32 ó artigo 23, co seguinte texto:

«32. Xestión técnico-facultativa do servicio de dominio público hidráulico. Deslindes10.000 ptas.»

34) Engádese o apartado 33 ó artigo 23, co seguinte texto:

«33. Acreditación de servicios de prevención de accidentes laborais 10.000 ptas.»

35) Suprímese o apartado 02 do artigo 24.

36) A tarifa fixada no apartado 05 do artigo 24 aplicarase a toda clase de vivendas, suprimíndose na redacción del a expresión «acollidas a protección oficial» e o cualificativo de «protexible» que acompaña o substantivo «presuposto».

37) Modifícase o apartado 06 do artigo 24, quedando redactado como segue:

«06. Visado de contrato de adquisición e arrendamento de vivendas 620 ptas.

38) Suprímense os subapartados 04 e 05 e engádese o subapartado 12 ó apartado 07 do artigo 24, co seguinte texto:

«12. Autorización e inscrición no Rexistro de instaladores, mantedores, reparadores de instalacións de protección contra incendios 2.570 ptas.

Modíficase o subapartado 08, quedando redactado como segue:

«08. Autorización inicial e renovacións para transportes de mercadorías perigosas 3.395 ptas.

Engádese o subapartado 13, co seguinte texto:

«13. Autorización e inscrición de instalacións radioactivas de segunda e terceira categoría 15.000 ptas.»

39) Modifícase o apartado 11 do artigo 24, quedando redactado como segue:

«11. Recoñecementos periódicos de maquinaria e instalación 2.500 ptas.»

40) Modifícase o apartado 12 do artigo 24, quedando redactado como segue:

«12. Modificación e/ou ampliación de maquinaria e equipos. Sobre tarifa consignada no apartado 09 40%»

41) Suprímese o apartado 14 do artigo 24.

42) Suprímese o apartado 16 do artigo 24.

43) Modifícase o apartado 17 do artigo 24, quedando como segue:

«17. Instalacións de recipientes a presión de climatización, frigoríficos, de gas e de protección contra incendios. Da tarifa consignada no apartado 09 100%»

44) Modifícase o apartado 19 do artigo 24, quedando redactado como segue:

«19. Autorización de instalacións eléctricas receptoras e de instalacións interiores de auga:

-Instalacións industriais e/ou edificios de vivendas. Da tarifa consignada no apartado 09 90%

-Instalacións individuais, domésticas ou similares, auga e luz 3.795 ptas.»

45) Suprímese o apartado 21 do artigo 24.

46) Modifícase o apartado 22 do artigo 24, quedando redactado como segue:

«22. Inscrición, autorización e posta en marcha de instalacións mineiras e de instalacións elevadoras de auga. Da tarifa consignada no apartado 09 150%»

47) Suprímense os supostos g) e h) do apartado 24 do artigo 24.

48) Engádese un suposto i) ó apartado 27 do artigo 24, co seguinte texto:

«i) Autorización de catalogación de vehículos históricos 5.000 ptas.»

49) Suprímese o apartado 28 do artigo 24.

50) Suprímese o apartado 32 do artigo 24.

51) Modifícase o último tramo da tarifa do subapartado 01 do apartado 36 do artigo 24, quedando redactado como segue:

«Por cada 10.000.000 de ptas. máis ou fracción 1.645 ptas.»

Modifícanse os subapartados 02 e 03 deste apartado, quedando redactados como segue:

«02. Ampliación, achega de áridos, modificación ou cambio de sistema das instalacións de acuicultura e auxiliares 8.695 ptas.

03. Modificacións que afecten a cultivo (cambio de especies ou das técnicas de cultivo) 8.695 ptas.»

Engádeselle un parágrafo a este apartado, co seguinte texto:

«Nas actuacións en materia de acuicultura dos subapartados 01, 02, 03 e 05, se é preciso saír máis dunha vez para inspección e informes, incrementarase a tarifa sinalada neses subapartados en 8.695 ptas. por cada saída.»

52) Modifícase o apartado 37 do artigo 24, quedando redactado como segue:

«37. Actuacións en materia de plans eólicos estratéxicos:

01. Aprobación

-Para as primeiras 3.000 ha ou fracción aprobadas 310.000 ptas.

-Resto, por hectárea 26 ptas.

02. Cambio de titularidade. Sobre a tarifa consignada no apartado anterior 50%

03. Recoñecemento de instalación acollida ó réxime especial de xeración eléctrica

-Instalacións de ata 15 MVA 25.000 ptas.

-Instalacións de 15 a 25 MVA 75.000 ptas.

-Instalacións de máis de 25 MVA 100.000 ptas.

04. Cambios de titularidade do recoñecemento. Sobre a tarifa consignada no apartado anterior 50%»

53) Engádese o apartado 39 ó artigo 24, co seguinte texto:

«39. Autorización e inscrición de talleres, tacógrafos e limitadores de velocidade 10.000 ptas.»

54) Engádese o apartado 40 ó artigo 24, co seguinte texto:

«40. Autorización e inscrición de precinto de surtidores 10.000 ptas.»

55) Engádese o apartado 41 ó artigo 24, co seguinte texto:

«41. Informes de proxectos e estudios en materia de augas:

01. En actividades de construcción de infraestructuras ou aproveitamentos hidráulicos 15.000 ptas.

02. Fase de estudios e informe do proxecto, antes de outorga-la concesión

-Usos hidroeléctricos, sobre presuposto 0,07%

-Outros usos, sobre presuposto 0,05%

-Mínimo 15.000 ptas.

Entenderase por presuposto a suma do presuposto xeral, incluída a marxe industrial, de administración, honorarios de facultativos e IVE.»

56) Engádese o apartado 42 ó artigo 24, co seguinte texto:

«42. Tramitación de expedientes de concesión de augas:

01. Visita de recoñecemento do aproveitamento:

-Media xornada 10.000 ptas.

-Xornada completa 15.000 ptas.

02. Visita de recoñecemento do terreo para confronta-lo proxecto:

-Media xornada 8.000 ptas.

-Xornada completa 13.000 ptas.

03. Visita de recoñecemento para confronta-lo proxecto en caso de modificación deste:

-Media xornada 9.000 ptas.

-Xornada completa 14.000 ptas.

04. Visita de recoñecemento final das obras10.000 ptas.

Esta cantidade incrementarase no 5% do valor do presuposto do proxecto cando este non exceda de 5.000.000 de ptas. e nun 10% sobre o exceso de 5.000.000 de ptas.

05. Emisión da acta previa á posta en funcionamento 5.000 ptas.»

57) Engádese o apartado 43 ó artigo 24, co seguinte texto:

«43. Legalización de aproveitamento de augas 20.000 ptas.»

58) Engádese o apartado 44 ó artigo 24, co seguinte texto:

«44. Recoñecemento de instalación de carácter parcial:

01. Medicións de azude 12.000 ptas.

02. Medicións de toma 11.000 ptas.

03. Medicións de caudal 11.500 ptas.

04. Medicións cámara de carga 11.000 ptas.

05. Medicións tubería forzada 11.000 ptas.

06. Recoñecemento central hidroeléctrica 11.500 ptas.

07. Medicións restitución 11.000 ptas.

08. Comprobación de aparatos ou comportas11.200 ptas.»

59) Engádese o apartado 45 ó artigo 24, co seguinte texto:

«45. Levantamento topográfico. Informe 20.000 ptas.

Esta cantidade incrementarase en 28 ptas./km de desprazamento, 1.800 ptas./hora topógrafo e 1.200 ptas./hora auxiliar topógrafo.»

60) Engádeselles ós supostos do apartado 03 do artigo 28 a venda de libros de rexistro de contaminantes atmosféricos, instalacións e combustión, rexistro de procesos industriais e rexistro de productores RTP'S.

«03. Venda de libro de mantemento de instalacións frigoríficas, aparatos de presión GL, guindastres, calefacción, climatización, rexistro de contaminantes atmosféricos, instalacións de combustión, rexistro de procesos industriais e rexistro de productores RTP'S 1.230 ptas.»

61) Engádese o apartado 04 ó artigo 28, co seguinte texto:

«04. Venda de libros de control sanitario de piscinas de uso colectivo 1.400 ptas.»

Artigo 31.-Prórroga.

Aprázase a entrada en vigor do recargo sobre a taxa que grava o xogo nos casinos, creada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo, ata o 1 de xaneiro de 1998.

TÍTULO V

Da xestión presupostaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión presupostaria

Artigo 32.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Intervención Delegada da Consellería correspondente, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto na Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 33.-Programas de xestión específica.

Os programas 731A, «Mellora da competitividade en grupos de interese galego», e 731B, «Apoio ó investimento estratéxico», do Plan intersectorial de competitividade (PIC) xestionaranse de acordo cos seguintes criterios:

1. A Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos fixará as ramas de actividade beneficiarias do PIC, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Tal fixación realizarase dentro do primeiro cuadrimestre de 1997.

2. As consellerías afectadas polos anteriores programas propoñerán, para a súa aprobación pola Comisión Delegada, as normas de xestión para actuacións de carácter sectorial.

3. Igualmente elevarán, para seren aprobadas pola Comisión Delegada, as propostas de convenio ou contrato-programa que proceda subscribir en apoio de iniciativas empresariais que se consideren de especial interese.

4. A Comisión Delegada, logo da aprobación, se é o caso, das propostas, poderá establecer criterios para o seu seguimento e control.

As consellerías afectadas procederán a darlle conta ó Parlamento dos convenios ou contratos formalizados, con periodicidade trimestral.

Artigo 34.-Aprobación de gastos de investimento polo Consello da Xunta.

A tramitación de expedientes de investimento por contía igual ou superior a 500.000.000 de pesetas requirirá autorización previa do Consello da Xunta.

Unha vez obtida a dita autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ó órgano de contratación.

Artigo 35.-Gastos plurianuais.

Por acordo do Consello da Xunta poderanse adquirir compromisos de gasto de carácter plurianual na tramitación de expedientes que teñan algunha das seguintes finalidades:

a) Adquisición de vivendas para a cualificación de promoción pública.

b) Adquisición de terreos para a construcción de vivendas de protección oficial.

c) Concesión de préstamos para a promoción de vivendas mediante convenios.

d) Axudas económicas persoais e para o apoio financeiro en vivendas sociais.

e) Concesión de subvencións para subsidiación de intereses de préstamos para vivendas de protección oficial.

f) Contratos de seguros de xestión centralizada.

g) Concertos educativos.

h) Contratos de xestión de servicios públicos sanitarios.

A Xunta de Galicia daralle conta trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos de tódalas operacións que se realicen ó abeiro deste epígrafe.

Artigo 36.-Tramitación urxente de expedientes de obras.

Con carácter xeral autorízaselles ós órganos de contratación a tramitación urxente, prevista no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas, de expedientes de obras que non superen os 500.000.000 de pesetas.

Para efectos do establecido neste artigo son órganos de contratación da Xunta os establecidos no artigo 72 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 37.-Gastos menores.

Para a aprobación de gastos por importe non superior a 1.100.000 pesetas unicamente será esixible a presentación de proposta razoada, efectuándose o seu pagamento contra a achega de factura que reúna os requisitos regulamentariamente establecidos. Ámbalas fases poderán acumularse nun só acto.

Como excepción do indicado no parágrafo anterior, a aprobación dos gastos de obras requirirá ademais a presentación do seu presuposto.

Artigo 38.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 1997 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia non poderán supera-lo incremento do IPC galego durante o exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, o conselleiro de Economía e Facenda, por proposta da Consellería correspondente, poderá autoriza-la inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 39.-Expedientes de compensación.

Cando a Comunidade Autónoma resultase acredora de corporacións locais, por débedas vencidas e esixibles, a Consellería de Economía e Facenda, mediante expediente instruído para o efecto, poderá acorda-la compensación das débedas cos pagamentos que correspondan a transferencias destinadas ás referidas corporacións, excepto polo que se refire ás procedentes da súa participación nos tributos do Estado.

Artigo 40.-Subvencións e axudas con cargo ós presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

Un.-Ó amparo do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, poderán

concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e entes públicos ou privados para a prestación de servicios públicos ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promove-la concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumpri-la entidade ou actividade destinataria da subvención.

Tamén poderán concederse de forma directa aquelas axudas ou subvencións que fosen aprobadas pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos como consecuencia da aplicación do previsto no artigo 33.3 desta lei.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promove-la consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 1.000.000 de pesetas por beneficiario e ano e as concedidas por cada Consellería non excedan globalmente de 10.000.000 de pesetas no exercicio. Estes importes elevaranse a 3.000.000 e 40.000.000 de pesetas, respectivamente, para a sección 04, servicio 01, Secretaría Xeral do Presidente.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, dándolle conta á Comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

Dous.-Sen prexuízo da xustificación ou liquidación definitiva das subvencións a que se refire o artigo 79 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia e do control e da fiscalización posterior do gasto incorrido, así como das funcións de inspección e control financeiro pertinentes, poderán efectuarse pagamentos parciais ou anticipos de pagamentos sobre a subvención ou axuda concedida, nos casos e coas condicións seguintes:

A) Subvencións correntes:

Para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80%, e librarase o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para a que foi concedida.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais, a medida que o beneficiario xustifique os gastos, e a conta de liquidación ata a porcentaxe que estableza a norma reguladora da convocatoria, que nunca será superior ó 80% da subvención concedida. Non obstante, naquelas que se concedan baixo os principios de publicidade e concorrencia a entidades sen ánimo de lucro, poderá autorizarse un anticipo do 10% da subvención no momento da concesión, sempre que a orde de convocatoria así o prevexa e estableza os medios documentais de xustificación provisional que deban achega-los beneficiarios.

Excepcionalmente, logo da oportuna xustificación, o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar que a norma reguladora da convocatoria prevexa anticipos, no momento da concesión da subvención, nunha porcentaxe superior á sinalada.

B) Subvencións de capital:

1. Naquelas que non excedan de 5.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique os investimentos efectuados. Estes pagamentos non superarán o 80% da subvención concedida, e o importe restante librarase no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para a que foi concedida.

2. Cando o importe das subvencións supere a cifra de 5.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos parciais a conta da liquidación sempre que concorran os requisitos e as circunstancias seguintes:

a) Que o interesado o solicite.

b) Que se xustifiquen non só o investimento senón tamén os pagamentos efectuados ata ese momento con cargo ó proceso de investimento aprobado.

c) O importe que se pode satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso do 80% da anualidade prevista en cada exercicio presupostario de que se trate.

d) Para a concesión de pagamentos parciais será necesario que o beneficiario da subvención acredite que lle aplicou ó proceso investidor recursos propios na mesma proporción que representa o pagamento parcial respecto da subvención concedida.

e) Os pagamentos parciais quedan condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención e para estes efectos estarán garantidos con aval bancario ou de entidade aseguradora que se considere suficiente e por tempo indefinido. Este aval estará á disposición da Consellería xestora e soamente poderá levantarse unha vez que a subvención se liquide definitivamente de conformidade. O dito aval garantirá o principal e os intereses calculados polo interese legal do diñeiro e por un prazo que medie entre a data de solicitude e o último día no que, de acordo coas normas de concesión da subvención, esta deba ser xustificada.

Quedan exentos deste requisito os beneficiarios que se citan no apartado C) do punto dous deste artigo.

3. Con carácter excepcional, e por resolución motivada da Consellería correspondente, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos. Unicamente no caso en que o anticipo non supere o importe de 5.000.000 de pesetas ou lles corresponda ós beneficiarios que se citan no apartado C) do punto dous deste artigo non serán esixibles as garantías previstas no apartado e) anterior.

4. Cando o beneficiario sexa unha Corporación local, a certificación emitida polo órgano competente expresiva dos importes investidos ou executados na acción subvencionada será xustificación suficiente para ordena-lo anticipo.

5. Respecto do Fondo de Cooperación Local haberá que aterse á súa normativa reguladora.

C) De acordo coa natureza e co réxime das subvencións concedidas con cargo ós presupostos da Comunidade Autónoma, quedan exentas de achega-los xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 79 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma e das súas sociedades públicas, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor do Estado e dos seus organismos autónomos, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das corporacións locais e universidades.

d) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudios en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

e) As subvencións ou axudas con cargo ós créditos presupostarios correspondentes ó artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non superen as 250.000 pesetas individualmente e se concedan con cargo ó artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro».

D) As ordes correspondentes das consellerías fixarán o prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a quince días hábiles.

Tres.-De conformidade co disposto no artigo 18.1 do texto refundido da Lei xeral presupostaria aprobada polo Real decreto 1.091/1988, do 23 de setembro, nos regulamentos (CEE) números 4.042/1989 e 4.253/1988, agora integrados no Regulamento (CEE) número 2.080/1994, do Consello do 20 de xullo de 1994 (Instrumento financeiro de orientación da pesca, IFOP), e nas demais disposicións aplicables, correspóndelle no ámbito de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma a elaboración e execución dos plans de control sobre beneficiarios de axudas financiadas total ou parcialmente cos fondos comunitarios a que se refiren as citadas normas.

Artigo 41.-Adaptación do estado de gastos do Servicio Galego de Saúde.

O estado de gastos do organismo autónomo Servicio Galego de Saúde presentará a súa estructura funcional e por programas conforme o sistema da Seguridade Social. Para estes efectos establécese a táboa de equivalencias que figura como anexo III, entre esta estructura e a correspondente ó resto dos entes e organismos con carácter xeral.

Artigo 42.-Seguimento das sociedades públicas.

No primeiro mes de cada trimestre natural, as sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, deberán remitirlle á Consellería de Economía e Facenda a información económico-financeira derivada da súa actividade, de acordo coas normas de desen

volvemento que para estes efectos estableza a indicada Consellería.

Artigo 43.-Tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

Os créditos destinados a provisións para riscos que se instrumenten no capítulo VIII dos presupostos de gastos da Administración xeral e, se é o caso, dos organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos, nos importes nos que non fose executado o risco ó final do exercicio, terán a consideración de ingresos do capítulo VIII no exercicio seguinte, coa finalidade de xerar crédito nas dotacións que para este tipo de atencións figuren nos estados de gastos dese ano.

Artigo 44.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo FCI ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa Lei 12/1991 corresponde ós traballos de dotación artística.

TÍTULO VI

Da xestión recadatoria

Artigo 45.-Da xestión recadatoria.

1. A xestión recadatoria da Facenda pública de Galicia, tanto da Administración xeral da Comunidade Autónoma coma dos seus organismos autónomos e sociedades públicas, correspóndelle á Consellería de Economía e Facenda e levarana:

a) En período voluntario, os órganos da Consellería de Economía e Facenda e dos organismos autónomos que teñan atribuída a xestión dos correspondentes recursos.

b) En período executivo, os órganos da Consellería de Economía e Facenda, cando se trate de recursos da Facenda pública de Galicia e dos organismos autónomos esixibles en vía de constrinximento.

c) Os recursos de dereito público con xestión atribuída a un ente público vinculado á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia serán recadados no período voluntario polos servicios do dito ente. A recadación en período executivo corresponderalles ós órganos de recadación da Consellería de Economía e Facenda.

2. Os órganos de recadación da Consellería de Economía e Facenda poderán asumi-la xestión recadatoria dos recursos doutras administracións públicas cando

a dita xestión se lles encomende en virtude de lei ou convenio.

Artigo 46.-Órganos da xestión recadatoria.

1. A xestión recadatoria será dirixida, baixo a autoridade do conselleiro de Economía e Facenda, polos órganos directivos centrais da Consellería de Economía e Facenda en todo o territorio da Comunidade e polas delegacións territoriais da Consellería no ámbito correspondente.

2. As respectivas competencias destes órganos serán as que se establezan nas distintas leis, nos regulamentos e nas normas que para o efecto dicte a Consellería de Economía e Facenda.

3. Para efectos da recadación en vía de constrinximento dos tributos e ingresos de dereito público que, por ser propia ou concertada con outras administracións públicas, lle corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia, poderán establecerse no ámbito de cada Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda unha ou máis zonas de recadación.

Artigo 47.-Recadador titular.

1. Á fronte de cada unha das zonas de recadación ás que se refire o artigo anterior haberá un recadador titular cos deberes e dereitos que regulamentariamente se establezan.

2. Os recadadores titulares da Comunidade Autónoma de Galicia son órganos unipersoais que teñen o carácter de axentes da Facenda autonómica dentro das súas respectivas zonas e, no exercicio das súas funcións, teñen os dereitos e as prerrogativas inherentes á condición de autoridade.

3. A selección e nomeamento do recadador titular será competencia do conselleiro de Economía e Facenda tras un proceso de convocatoria pública entre funcionarios nos que concorran as condicións que se determinen regulamentariamente.

4. O recadador titular terá dereito a percibi-la retribución que se fixe e que poderá estar en función dos ingresos obtidos dos valores dos que teña encomendada a recadación pola Consellería de Economía e Facenda.

5. Sempre que sexa necesario para o exercicio das súas funcións, o recadador titular poderá solicita-la cooperación e o auxilio da autoridade nos termos establecidos polo Regulamento xeral de recadación.

Artigo 48.-Persoal colaborador do recadador titular.

1. O recadador titular nomeará o seu persoal colaborador, acomodándose ás disposicións laborais vixentes, con suxeición ó cadro de persoal que para cada zona estableza a Consellería de Economía e Facenda.

2. O persoal colaborador non terá relación laboral ou administrativa ningunha coa Comunidade Autónoma, senón unicamente relación laboral co recadador titular.

Disposición adicional primeira.-Transferencia de remanentes líquidos de tesourería.

As entidades que constitúen a Administración institucional da Comunidade Autónoma transferiranlle á Xunta de Galicia o importe dos remanentes líquidos de tesourería resultantes das liquidacións dos correspondentes exercicios presupostarios.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar con este importe crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderalles limita-las transferencias de crédito a estas entidades en función do seu nivel de execución presupostaria, procedéndose no que respecta a recursos provenientes da Unión Europea, do Fondo de Compensación Interterritorial ou de subvencións finalistas a transferi-los fondos na forma indicada na disposición adicional primeira da Orde do 16 de xullo de 1996 sobre desenvolvemento da xestión presupostaria dos ingresos procedentes de transferencias correntes e de capital.

Disposición adicional segunda.-Servicio Galego de Saúde. Persoal.

Correspóndelle ó Servicio Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.

En idénticas condicións correspóndelle ó Servicio Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.

En todo caso, daráselle conta á Consellería de Economía e Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.

Disposición adicional terceira.-Servicio Galego de Saúde. Transferencias de crédito.

As limitacións contidas nos apartados b) e c) do artigo 68 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, entenderanse referidas, no presuposto do Servicio Galego de Saúde, ó presuposto individualizado de cada un dos centros de gasto e non ós presupostos totais.

Disposición adicional cuarta.-Iniciativas que comporten crecemento de gasto.

Á tramitación de calquera anteproxecto de lei, proposta de disposición administrativa ou de convenio no que a súa aplicación poida representar incremento de gasto respecto das previsións presupostarias actuais ou que teña repercusión en exercicios futuros deberáselle achegar unha memoria económica elaborada polo organismo que corresponda, na que se poña de manifesto a incidencia presupostaria derivada da súa execución, propoñendo ó mesmo tempo os recursos adicionais necesarios para o seu financiamento. Así mesmo deberá figurar informe da Consellería de Eco

nomía e Facenda relativo á súa incidencia nos escenarios presupostarios da Comunidade Autónoma.

Non obstante, aqueles convenios que non superen os 25.000.000 de pesetas e que non representen incremento de gasto respecto das previsións presupostarias actuais non requirirán o informe ó que se fai referencia no apartado anterior. As intervencións delegadas remitiranlle copia destes convenios á Consellería de Economía e Facenda.

Disposición adicional quinta.-Sociedades públicas.

1. Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aproba-los presupostos de explotación e capital previstos no artigo 83 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 1997.

2. Da aprobación dos presupostos destas sociedades daráselle conta á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento de Galicia dentro do mes seguinte á súa aprobación.

Disposición adicional sexta.-Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

Para o ano 1997 a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, será a seguinte:

-6.371 pesetas polo primeiro membro adicional.

-5.130 pesetas polo segundo membro adicional.

-3.878 pesetas por cada un dos restantes membros adicionais.

Disposición adicional sétima.-Parlamento de Galicia.

Un.-A Mesa do Parlamento de Galicia poderá acorda-la incorporación dos remanentes da sección 01 do presuposto de 1996 ó presuposto para 1997, sen máis limitacións cás establecidas no artigo 71.1 e 2 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Dous.-As dotacións presupostarias do Parlamento de Galicia libraranse en firme e periodicamente ó seu nome, a medida que este o requira, e non estarán suxeitas a ningún tipo de xustificación ante o Goberno galego.

Tres.-A Mesa do Parlamento poderá acordar transferencias de créditos entre os distintos conceptos da sección 01, sen limitación ningunha, dándolle conta á Consellería de Economía e Facenda.

Catro.-Os ingresos derivados dos intereses devengados polas contas en que se depositen os fondos entregados ó Parlamento e os ingresos que proveñan do rendemento dos bens propios ou que teña adscritos poderán xerar crédito nos conceptos presupostarios da sección 01.

Disposición adicional oitava.-Consello de Contas.

As dotacións presupostarias do Consello de Contas libraranse en firme e periodicamente ó seu nome a medida que sexan solicitadas, e non estarán suxeitas a ningún tipo de xustificación ante o Goberno galego.

Os documentos contables que se expidan para facer efectivas as dotacións referidas serán propostos e autorizados pola Consellería de Economía e Facenda.

Disposición adicional novena.-Situación de servicios especiais.

Modifícase o artigo 52 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, ó que se lle engade un novo parágrafo:

«16.-Cando pasen a desempeña-los postos de traballo de presidente, conselleiro delegado ou director xerente nas sociedades públicas ás que fai alusión o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e así o determine o Consello da Xunta.»

Disposición adicional décima.-Situación de excedencia voluntaria.

Modifícase a disposición adicional décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que terá a redacción seguinte:

«Os funcionarios da Xunta de Galicia poderán ocupar un posto vacante de carácter eventual ou de similares ou equivalentes características ó que desempeñen na Administración en calquera ente ou empresa pública da Xunta de Galicia.

En tal caso, o funcionario quedará na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade, percibindo os haberes correspondentes ó posto de traballo que pase a ocupar, e no suposto de que reingrese á Administración autonómica terá dereito ó recoñecemento dese tempo para efectos de antigüidade e dereitos pasivos.»

Disposición adicional décimo primeira.-Cesión de bens mobles.

Engádeselle o artigo 35 bis á Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia:

«Artigo 35 bis. A Consellería que adquirise ou que tivese adscritos bens mobles da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, poderállelos ceder a entidades públicas no marco de relacións de colaboración, cooperación e coordinación, para ser destinados a fins de utilidade p÷blica ou interese social. Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado considerarase resolta a cesión e reverterán á Administración da Comunidade Autónoma. O acordo de cesión levará implícita, se é o caso, a desafectación dos bens de que se trate.»

Disposición adicional décimo segunda.-Autorización para a constitución dunha sociedade pública.

Autorízase o Consello da Xunta, por iniciativa da Consellería de Economía e Facenda, para constituír unha sociedade pública das previstas no artigo 12.1.a) da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, coa finalidade de proxectar, construír, conservar, explotar e promocionar, por ela mesma ou por terceiras persoas actuando por encargo do Consello da Xunta, en nome e por conta propia ou en nome propio e por conta da Xunta de Galicia, segundo os termos dos encargos e os mandatos de actuación, toda clase de infraestructuras que a Xunta promova ou participe, e tamén os servicios que se poidan instalar ou desenvolver nas ditas infraestructuras. Estas actividades poden desenvolverse total ou parcialmente mediante a participación da dita sociedade pública, suxeita sempre á Lei do patrimonio da Xunta de Galicia e a calquera outra disposición que sexa aplicable polo carácter de empresa pública da sociedade, en sociedades de obxecto idéntico ou análogo.

Esta empresa deberá respectar nas súas actuacións os principios de publicidade e concorrencia propios da contratación administrativa. En todo caso, nos contratos que a sociedade pública subscriba con terceiros para a execución dos investimentos que se lle encomenden incluiranse as cláusulas que resulten pertinentes para a adecuada defensa dos intereses públicos afectados.

As relacións entre a Xunta de Galicia e a sociedade pública regularanse mediante un convenio marco que será aprobado polo Consello da Xunta por proposta da Consellería de Economía e Facenda, no que se establecerán, entre outros, os extremos ós que deberá axustarse o plan económico-financeiro que deberá ser aprobado como instrumento básico da regulamentación das relacións específicas derivadas dos encargos da Xunta de Galicia á sociedade.

As obras executadas deberanlle ser entregadas oportunamente, total ou parcialmente, á Xunta. As contrapartidas financeiras serán as previstas no citado plan económico-financeiro.

Disposición adicional décimo terceira.-Competencia para aproba-los criterios de distribución de determinados créditos.

Os criterios que se establezan para a distribución dos créditos previstos no estado de gastos dos presupostos no programa 05-06-811-B-7610 acordaraos a Xunta de Galicia logo da súa análise na Comisión de Economía, Facenda e Presupostos.

Disposición transitoria primeira.-Retribucións do persoal contratado administrativo.

As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, ata tanto non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, non experimentarán variación ningunha respecto das establecidas no ano 1996.

Disposición transitoria segunda.-Oferta de emprego público para 1997.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afecta-lo funcionamento dos servicios públicos esenciais, sempre que o número de prazas de novo ingreso sexa inferior ó que resulte da aplicación da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servicios que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos presupostos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 8.

Dous.-A restricción sobre o número de prazas indicada no punto anterior non lles será aplicable ás relativas ó persoal adscrito a centros de ensino, sanitarios e de servicios sociais, que se axustarán en todo caso ós efectivos dotados presupostariamente.

Tres.-Durante 1997 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ó nomeamento de funcionarios interinos, salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Non será necesaria esta autorización para as contratacións de persoal docente, de persoal que presta servicios en institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde e de persoal laboral de centros e residencias de servicios sociais, que adecuándose estrictamente ás necesidades do servicio terán como límite máximo as previsións presupostarias que se establecen para o efecto.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións presupostarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servicios.

Catro.-En todo caso, en materia de oferta de emprego público teranse en conta os criterios establecidos na normativa básica estatal.

Disposición transitoria terceira.-Vixencia da disposición adicional sexta da Lei 15/1991.

Prorrógase a vixencia da disposición adicional sexta da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992 durante o ano 1997.

Disposición derradeira primeira.

Autorízase a Consellería de Economía e Facenda para que efectúe nos presupostos da Comunidade Autónoma as adaptacións técnicas que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias desde outras administracións co fin de crea-los programas, as seccións, os servicios e os conceptos presupostarios que sexan necesarios e autoriza-las transferencias de crédito correspondentes. Estas operacións en ningún caso darán lugar a un incremento do gasto.

Informarase de todas elas á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento dentro do mes en que aquelas se producisen.

Disposición derradeira segunda.

Un.-Terán vixencia permanente os artigos 39, 41, 42, 43, 45, 46, 47 e 48 e as disposicións adicionais sétima e oitava desta lei.

Dous.-Terán vixencia permanente, en canto ás modificacións normativas que se indican, o artigo e as disposicións adicionais desta lei que se relacionan a seguir:

-O artigo 30, apartado dous, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

-A disposición adicional novena, que modifica o artigo 52 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

-A disposición adicional décima, que modifica a disposición adicional décimo primera da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

-A disposición adicional décimo primeira que engade o artigo 35.bis á Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tres.-O restante contido normativo desta lei terá vixencia exclusiva para o ano 1997.

Disposición derradeira terceira.

O Consello da Xunta dictará, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei, que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997.

Santiago de Compostela, trinta de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

ANEXOS

ANEXO I

Estado de beneficios fiscais

(Miles de pesetas)

ConceptosGastos fiscais

Imposto sobre sucesións662.900
Total capítulo I662.900
Impsoto sobre transmisións3.103.000
Total capítulo II3.103.000
Total beneficios fiscais dos tributos cedidos3.765.900

ANEXO II

Custos de persoal das universidades de competencia da Comunidade Autónoma

Conforme o disposto no artigo 24 desta lei, o custo de persoal funcionario docente e non docente e contratado docente ten o seguinte detalle por universidades, en miles de pesetas, sen incluír trienios, Seguridade Social nin as partidas que, en aplicación do Real decreto 1558/1986, do 28 de febreiro (BOE do 31 de xullo), e das disposicións que o desenvolven, veñan incorporar ó seu presuposto as universidades, procedentes das institucións sanitarias correspondentes, para financia-las retribucións das prazas vinculadas.

(Miles de pesetas)

UniversidadePersoal docente

funcionario e

contratado

Persoal

non docente

funcionario

Santiago de Compostela8.330.0001.293.000
A Coruña3.892.778563.723
Vigo4.690.000725.000

ANEXO III

Táboa de equivalencias

A función 2: sanidade.

Subfunción 20: protección e promoción da saúde.

Programa 2020: protección e promoción da saúde.

Transfórmase en:

Grupo de función 3: producción de bens públicos de carácter social.

Función 31: sanidade.

Subfunción 313: atención primaria da saúde.

Programa 313A: protección e promoción da saúde.

A función 2: sanidade.

Subfunción 21: atención primaria da saúde.

Programa 2121: atención primaria da saúde.

Transfórmase en:

Grupo de función 3: producción de bens públicos de carácter social.

Función 31: sanidade.

Subfunción 313: atención primaria da saúde.

Programa 313B: atención primaria da saúde.

A función 2: sanidade.

Subfunción 22: atención especializada.

Programa 2223: atención especializada.

Transfórmase en:

Grupo de función 3: producción de bens públicos de carácter social.

Función 31: sanidade.

Subfunción 312: atención especializada.

Programa 312A: atención especializada.

A función 2: sanidade.

Subfunción 25: administración servicios xerais e control interno asistencia sanitaria.

Programa 2591: dirección e servicios xerais.

Transfórmase en:

Grupo de función 3: producción de bens públicos de carácter social.

Función 31: sanidade.

Subfunción 311: Administración xeral.

Programa 311A: dirección e servicios xerais de sanidade.

A función 2: sanidade.

Subfunción 26: formación de persoal.

Programa 2628: formación de graduados e posgraduados.

Transfórmase en:

Grupo de función 3: producción de bens públicos de carácter social.

Función 31: sanidade.

Subfunción 314: formación de persoal.

Programa 314C: formación de graduados e posgraduados.

A función 9: débeda pública.

Subfunción 91: débeda pública.

Programa 9111: amortización e gastos financeiros da débeda pública.

Transfórmase en:

Grupo de función 9: débeda pública.

Función 91: débeda pública.

Subfunción 911: débeda interior e exterior.

Programa 911A: amortización e gastos financeiros da débeda pública.

ANEXO IV

Distribución de taxas e prezos

Artigo 4.b)

(Miles de pesetas)

ConselleríaTaxasPrezosTotal

Presidencia (DOG)50.00050.000
Presidencia (Oposicións)500500
Presidencia (Outras)124.5008.000132.500
Economía e Facenda35.00035.000
Política Territorial1.145.00019.0001.164.000
Educación (Oposicións)9.5009.500
Educación (Outras)195.500200.000395.500
Industria400.000100.000500.000
Agricultura770.000500.0001.270.000
Cultura15.0005.00020.000
Sanidade430.000870.0001.300.000
Pesca75.00075.000
Xustiza175.00012.000187.000
Familia27.000400.000427.000
Total3.402.0002.164.0005.566.000

A) Presuposto da Comunidade Autónoma

Estado de Ingresos

Resumo por artigos e capítulos

(En miles de pesetas)

CapítuloArtigoExplicación do ingresoTotal

1Impostos directos
1Sobre o capital14.956.400

14.956.400*

2Impostos indirectos
0Sobre transmisións patrimoniais e A.X.D.26.500.000
1Tributos propios da Comunidade Autónoma3.701.000

30.201.000*

3Taxas, prezos e outros ingresos
0Taxas3.402.000
1Prezos2.164.000
2Outras taxas11.479.000
8Reintegros1.950.000
9Outros ingresos2.505.086

21.500.086*

4Transferencias correntes
0Da Administración central do Estado375.361.630
2Da Seguridade Social10.653.500
6De corporacións locais5.000
9Do exterior5.049.436

391.069.566*

5Ingresos patrimoniais
2Intereses de depósitos1.505.000
9Outros ingresos patrimoniais25.000

1.530.000*

6Alleamento de investimentos reais500.000
0De terreos500.000*

7Transferencias de capital
0Da Administración central do Estado32.135.187
9Do exterior54.192.606

86.327.793*

8Activos financeiros
3Reintegro de préstamos concedidos fóra

do sector público

2.000

2.000*

9Pasivos financeiros
5Préstamos recibidos e emisión de débeda48.004.809

48.004.809*

Total594.091.654

Estado de gastos

Resumo xeral do presuposto de gastos

(En miles de pesetas)

Cap.-1

Cap.-2

Cap.-3

Cap.-4

Cap.-5

Cap.-6

Cap.-7

Cap.-8

Cap.-9

Total

Parlamento1.010.675

502.800

0

168.000

0

92.000

12.000

13.500

0

1.798.975

Consello de Contas462.671

119.325

0

600

0

34.000

5.000

5.000

0

626.596

Consello da Cultura Galega37.000

169.122

0

15.000

0

3.500

0

0

0

224.622

Presidencia e Admón Pública3.912.304

2.040.293

0

2.628.219

0

4.276.271

1.736.529

0

0

14.593.616

Economía e Facenda3.025.018

586.721

0

1.252.059

0

1.695.154

11.840.305

50.000

0

18.449.257

Política Territorial, O.P. e V.2.986.446

287.602

0

1.773.252

0

21.381.000

23.026.000

900.000

0

50.354.300

Educación e Ordenación Universitaria126.697.434

15.344.648

0

48.119.765

0

12.030.450

3.236.500

4.000

0

205.432.797

Industria e Comercio1.302.977

223.443

0

743.003

0

546.760

11.348.368

954.890

0

15.119.441

Agricultura, Gandería e Montes9.833.204

894.874

0

469.306

0

15.594.437

21.860.131

686.680

0

49.338.632

Cultura e Comunicación social2.359.988

1.026.343

0

10.020.131

0

4.246.000

3.340.000

610.000

0

21.602.462

Sanidade e Servicios Sociais7.469.848

4.250.795

0

23.311.452

0

3.864.520

878.480

0

0

39.775.095

Pesca, Marisqueo e Acuicultura2.920.654

577.661

0

247.443

0

3.349.252

10.463.595

0

0

17.558.605

Xustiza, Interior e Relacións Laborais2.146.952

1.525.120

0

1.526.689

0

1.269.000

817.000

0

0

7.284.761

Familia, Muller e Xuventude4.671.021

3.128.490

0

9.975.553

0

742.000

395.000

0

0

18.912.064

Consello Consultivo de Galicia155.642

26.950

0

0

0

46.440

0

0

0

229.032

Transferencias0

0

0

74.061.000

0

0

0

0

0

74.061.000

Débeda Pública da C.A.0

0

36.083.500

0

0

0

0

0

20.404.809

56.488.309

Gastos de diversas consellerías926.000

566.090

0

0

0

0

0

750.000

0

2.242.090

TOTAL169.917.834

31.270.277

36.083.500

174.311.472

0

69.170.784

88.958.908

3.974.070

20.404.809

594.091.654

B) Organismos autónomos administrativos (en miles de pesetas)

I. Escola Galega de Administración Pública.

Estado de ingresos414.260.

Estado de gastos414.260.

II. Instituto Galego de Estatística

Estado de ingresos583.059.

Estado de gastos583.059.

III. Augas de Galicia.

Estado de ingresos 10.701.466.

Estado de gastos 10.701.466.

IV. Instituto Galego de Consumo.

Estado de ingresos 661.603.

Estado de gastos 661.603.

V. Servicio Galego de Saúde.

Estado de ingresos 273.128.104.

Estado de gastos 273.128.104.

VI. Academia Galega de Seguridade.

Estado de ingresos 152.282.

Estado de gastos 152.282.

VII. Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Estado de ingresos 561.571.

Estado de gastos 561.571.

C) Organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo.

I. Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estado de ingresos 17.337.968.

Estado de gastos 17.337.968.

II. Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Estado de ingresos 259.033.

Estado de gastos 259.033.

III. Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

Estado de ingresos 663.052.

Estado de gastos 663.052

D) Sociedades públicas

I. Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.7.610.000.0007.610.000.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.1.377.000.0001.377.000.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.5.446.000.0005.446.000.000

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.404.000.000404.000.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.609.000.000609.000.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.344.000.000344.000.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo1.205.000.0001.205.000.000

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia411.000.000411.000.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia383.000.000383.000.000

Galioil, S.A.136.000.000136.000.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.2.213.000.0002.213.000.000

Galicia Calidade, S.A.51.000.00051.000.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia1.611.000.0001.611.000.000

Xestión Enerxética de Galicia228.000.000228.000.000

Centro Europeo de Empresas e Innovacións de Galicia, S.A.104.000.000104.000.000

Total22.132.000.00022.132.000.000

II. Entidades publicasIngresosGastos

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades14.360.000.00014.360.000.000

Instituto Galego de Promoción Económica9.532.000.0009.532.000.000

Fundación Pública Hospital de Verín1.358.000.0001.358.000.000

Portos de Galicia4.149.000.0004.149.000.000

Obras e Servicios Hidráulicos220.000.000220.000.000

Consello Económico e Social132.000.000132.000.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía216.000.000216.000.000

Total29.967.000.00029.967.000.000

9592