Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/170-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Edif. Mafre, Cabana e Var. Ponte da Pedra.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 75 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm que parte da L.M.T. a C.T. campo de fútbol

de Elviña e final no C.T. que se construirá no edificio Mafre en Cabana, e variación da L.M.T. existente nunha lonxitude de 360 m e conductor R.H.V. de 240 l e L.M.T. de 230 m e conductor R.H.V. de 95 l, a C.T. Louzao. C.T. tipo subterráneo de 630 kVA a 15 kV: B2. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9258