Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/156-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Enderezo social: Casais, 20, 15000 Vimianzo.

Denominación: modificado, L.M.T., C.T. e R.B.T., Paseo Marítimo Camelle.

Situación: Camariñas.

Características técnicas: L.M.T. a 15/20 kV subterránea en conductor R.H.V. de 3(1x95 mm) que parte entre os apoios nº 33 e 34 da L.M.T. Pasarela-Camelle e final no apoio nº 5 da L.M.T. Camelle-Praia a Camelle-Porto, transcorrendo polo Paseo Marítimo da Praia de Camelle nunha lonxitude de 530 m. Concello de Camariñas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9210