Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento restrinxido mediante expediente anticipado de gasto para a redacción do proxecto básico e de execución da reforma do edificio da rúa García Barbón para sede da Dirección Provincial do Sergas de Vigo (Pontevedra).

-Obxeto: redacción do proxecto básico e de execución.

-Obra: reforma do edificio da rúa García Barbón para sede da Dirección Provincial do Sergas de Vigo (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 15.584.164 ptas.

-Prazo de execución: 6 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: ordinaria.

Exposición da documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos), edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo cuarto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e

asinado por estes, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Selección de candidatos: entre as solicutdes presentadas, o órgano de contratación, seleccionará un mínimo de cinco técnicos, óa que invitará a presenta-la súa oferta, de acordo coa cláusla 5.6ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do trixésimo día natural a partir da invitación no concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de claúsulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de compostela, 2 de decembro de 1996.

P.D. (Decreto 64/1996, do 15 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

9315