Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 18/1996, que ten por obxecto a adquisición de aparellos e dispositivos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: C.P. 18/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: aparellos e dispositivos.

c/ Lotes:

-Lote 1: electrocardiógrafo.

-Lote 2: moble negatoscopio de 8 corpos.

-Lote 3: Polígrafo portátil.

-Lote 4: equipo de histeroscopia.

-Lote 5: microscopio.

-Lote 6: equipo contrapulsación con balón.

-Lote 7: sistema bipap.

-Lote 8: motor colgante cirurxía otolóxica.

-Lote 9: equipo ultrasón pulsátil.

-Lote 11: equipo de antropometría.

-Lote 12: equipo guía brocas canuladas, isómetro, tenotomos para tendón semitendinoso.

-Lote 13: lámpada de quirófano.

-Lote 14: férula dinámica de xeonllo.

-Lote 17: monitor de presión arterial non invasiva.

-Lote 18: padiola.

-Lote 19: cadeira de rodas.

-Lote 20: aparello de tensión.

-Lote 21: fibroscopio para intubación.

-Lote 22: oftalmoscopio binocular indirecto.

d) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 180, do 13 de setembro de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 22.602.000 ptas. (Vintedous millóns seiscentas dúas mil ptas. IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 18 de novembro de 1996.

b) Contratistas:

-Lote 1: Galmédica, S.L.

R/ Arturo Pérez Serantes, 8. baixo.

32005-Ourense: 725.000 ptas.

-Lotes 2 e 6: Hortas Suministros, S.L.

Pgno. Tambre. Cidade Transporte. Nave 86.

15701-Santiago de Compostela (A Coruña): 5.428.110 ptas.

-Lotes 3 e 21: Productos Palex, S.A

Av. Diagonal, 618. 4ª pl. 08021-Barcelona: 3.080.000 ptas.

-Lote 4: Karl Storz Endoscopia Ibérica, S.A.

Parque empresarial S. Fernando. Edificio Francia.

28831-Madrid: 2.000.000 de ptas.

-Lote 5: Izasa, S.A.

R/ Aragón, 90. 080015-Barcelona: 302.000 ptas.

-Lote 7: Diagniscan, S.A.

R/ Viladomat, 162. 08015-Barcelona: 1.200.000 ptas.

-Lote 8: Arganon, S.L.

R/ Aries, 4. SSº B. 28042-Madrid: 1.133.325 ptas.

-Lote 9: Enraf-Nonius Ibérica, S.A.

Av. Llano Castellano, 43. 28034-Madrid: 295.000 ptas.

-Lote 11: Ergometrix, S.A.

Ctra. de Cornella, 140. 3º. 4ª.

08950-Esplugues de Llobregat (Barcelona): 240.406 ptas.

-Lote 12: DD&AA Medical, S.A.

Gran Vía, 161. 36210-Vigo (Pontevedra): 1.300.000 ptas.

-Lote 13: Heraeus, S.A.

Manuel Tovar, 24. 28034-Madrid: 1.600.000 ptas.

-Lote 14: Promedisa Lugo, S.L.

Tino Grandío, 26 A. 27003-Lugo: 467.376 ptas.

-Lotes 17, 18 e 20: Doalcor, S.A.

Rúa Barcelona, 83. 36211-Vigo (Pontevedra): 1.450.990 ptas.

-Lote 19: Clínica y Control, S.A.

Habitat. Edificio 2, baixo.

15172-Perillo-Oleiros (A Coruña): 177.000 ptas.

-Lote 22: Rego y Compañía, S.A.

R/ Aragón, 90. 08015-Barcelona: 200.000 ptas.

c) Nacionalidade: española.

Importe total adxudicado: 19.599.207 ptas.

Ferrol, 18 de novembro de 1996.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

9413