Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.896

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 16 de decembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 8 de novembro de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 8 de novembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 226, do 19 de novembro), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995 do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería:

DIPÓN:

1. Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de novembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 226, do 19 de novembro).

2. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

3. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, foran concedidos ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

4. O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no titulo administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

5. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 3493014002A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Rodríguez Blanco, Julia.

Código: OT.C03.00.001.15770.010

Denominación do posto de traballo: Servicio de Xestión Urbanística.

Centro directivo: Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. xeral/especial.

Nivel: 28

Específico: 1.639.104

9400