Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que aproba o cambio de dominio da batea ENO número 2.

Visto o expediente de cambio de dominio que a a continuación se menciona, instruído a efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a apoia; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións vonferidas, en vista do informe favorable do servicio técnico-xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Eno número 2.

Cutivo: mexillón.

Localización: cuadrícula número 23, Vilagarcía de Arousa H.

Data da concesión: 8-3-1972.

Data do remate da última prórroga: 8-4-2002.

Anterior concesionario: Rial Rial, Juan Manuel e Nieto Pouso, Palmira.

Novos titulares da concesión: Suárez Hermo, Francisco e Vázquez Rodríguez, Pilar.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 22 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

9238