Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Canelas número 10.

Visto o expediente incoado por Francisco-Javier Vázquez Outeiral, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea fluctuante de cultivo de mexillón denominado Canelas número 10, outorgado pola orde ministerial do 8-11-1975, situado na cuadrícula nº 10 do polígono C de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión o 30-8-2006, e da que eran titulares Marcelino Vázquez Ramos e Asunción Outeiral Carreño.

Tendo en conta o informado polo servicio técnico-xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, o testamento liquidado de impostos, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e a escritura de aceptación e adxudicación parcial da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Francisco Javier Vázquez Outeiral.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 22 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra).

9236