Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.780

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE PONTEVEDRA, S.A.

ANUNCIO do concurso público de opción de compra de parcelas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo no parque empresarial Área 33 de Silleda.

O prego de condicións e demais documentación poderá ser examinado nas oficinas de Xertur Pontevedra, sitas na rúa Urzaiz 18-2º, de Vigo, en días hábiles, agás os sábados, das 10 ás 14 horas.

O prazo de presentación das proposicións para participar no concurso será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A presentación poderase facer nas citadas oficinas de Xertur Pontevedra, ata as catorce horas do derradeiro día do prazo.

A apertura das proposicións realizarase ás 12 horas, na sala de xuntas de Xestur Pontevedra o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación (agas sábados e domingos).

Vigo, 16 de decembro de 1996.

Rubricado