Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos novos estatutos da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), coa nova redacción dada ós artigos: 1, 2, 6, 10, 11, 12, 13, 15, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32 e 33.

Asinan a acta de modificación: Eugenio Geijo Carril (secretario) e José Freire Vázquez (presidente).

Os novos estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 27 de novembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

96-9176