Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios e Profesionais de Outes.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios e Profesionais de Outes, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: empresrios, comerciantes, profesionais e autónomos do Concello de Outes.

Asinan a acta de constitución: C. Rocío Castelo Romarís e catorce persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 26 de novembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

9277