Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes P-27/1996 e dous máis incoados por infracción á Lei de pesca fluvial e devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir ó día seguinte do desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-155/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

Lugo, 28 de novembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: P-27/1996.

Denunciado: José González Romero.

DNI: 33.994.873.

Último enderezo coñecido: Martinete, 206-2º D, A Coruña.

Feitos denunciados: practica-la pesca en veda (Orde 16-2-1996, DOG 29-2) e ter pescado 2 troitas, o día 23-2-1996 no río Galdo, Ponte Pontigo, Galdo.

Precepto sancionador: artigo 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e 8.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo valoración do servicio MAN-Lugo.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Artes decomisadas: devolución logo do aboamento da sanción, esta depositada no cuartel da garda civil de Viveiro.

-Expediente: P-86/1996.

Denunciado: Óscar Fernández López.

DNI: 10.836.384.

Último enderezo coñecido: Avda. do Xeneralísimo, 88, A Pontenova-Lugo.

Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca con cana non respectando as limitacións de tamaño fixadas pola Orde 16-2-1996 (DOG 29-2) ó ter pescado una troita de tamaño inferior o día 31-3-1996 no río Lamas-tramo de Naraxa.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas. de multa e 3.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo valoración do servicio MAN-Lugo.

-Expediente: P-89/1996.

Denunciado: José Rodríguez Santos.

DNI: 33.807.118.

Último enderezo coñecido: r/ Margarita, 2-1, Lugo.

Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca, sendo titular de licencia e non levándoa consigo, así como carecer de documento acreditativo da súa identidade, o día 25-3-1996 no río Narla, área recreativa de Doel.

Precepto sancionador: artigo 33.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 2.000 ptas. de multa.

9327