Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.765

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 2 de decembro de 1996, da Comisión Permanente de Selección de Persoal, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, constituída ó amparo do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, pola que se fan públicas as listas das escalas de Administración especial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no que se refire ó apartado a) do artigo 12 do dito decreto, de conformidade co contido do apartado terceiro do acordo do 31 de outubro desta comisión.

Publicado acordo do 31 de outubro de 1996 (DOG nº 221, do 12 de novembro) desta comisión relativo á publicación das listas das escalas de Administración especial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no que se refire ó apartado a) do artigo 12 do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e unha vez rematado o prazo previsto no apartado terceiro do dito acordo, constatada a existencia dalgún erro material nas listas, esta comisión

ACORDA:

Primeiro.-Proceder á rectificación dos erros materiais constatados nas listas correspondentes ás escalas de Administración especial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no que se refire ó apartado a) do artigo 12 do Decreto 252/1992.

Segundo.-Facer públicas, unha vez rectificados ditos erros, as relacións de solicitantes para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo das escalas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acui

cultura no que se refire ó apartado a) do artigo 12 do Decreto 252/1992.

Terceiro.-As ditas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Estas listas alteran a orde establecida nas listas xa existentes para estas escalas publicadas polos acordos desta comisión do 27 de maio e 14 de xuño de 1994 (DOG nº 110 e 121 do 9 e 24 de xuño respectivamente) que foron confeccionadas conforme o apartado b) do artigo 12 do Decreto 252/1992, ó aplicarse o disposto no Decreto 116/1993, do 3 de xuño.

Quinto.-Contra o presente acordo poderán os interesados interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación deste acordo.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta da Comisión Permanente

da Selección de Persoal

96-9360