Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.764

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 242, do 12 de decembro de 1996, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 11.329, na base I.2.3.1, onde di: «Ser español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1992». debe dicir: «Ser español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1993».

-Na páxina 11.338, na base II.1.1.2, (formación profesional), onde di: «- De 25 a 50 horas: ...», debe dicir: «-De 26 a 50 horas...»

-Na páxina 11.338, anexo IV (experiencia profesional) onde di: «-Exercicio das categoria 5 do grupo IV (no caso de acceder á categoría 1 do grupo V)...», debe dicir: «-Exercicio das categorias 14 e 65 do grupo III (no caso de acceder á categoría 5 do grupo IV)...»

-Na mesma páxina, anexo IV (experiencia profesional) onde di: «(... no caso de acceder á categoría 10 do grupo V)...», debe dicir: «... no caso de acceder á categoría 17 do grupo IV)...»

9432