Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45. 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Pereiroá-Naveda.
Situación: Castroverde.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.062 metros, sobre apoios de formiggón. Centro de tranformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha loxintude de 90 metros, para mellora do servicio eléctrico en Pereiroá e Naveda, concello de Castroverde.
Orzamento: 4.609.627 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 15 de novembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9087