Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/155-2-4637 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. entre subestación Ceao e subestación Mercedes.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 7.264 metros, con conductor designación UNE D.H.Z.1 12/20 kV de 1x240 mm Al, entre subestación Ceao e subestación Mercedes en Lugo.

Orzamento: 51.545.845 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 13 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9086