Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 1996/153-2-4635 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: L.M.T.S. Pinguela-Duquesa de Alba.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liñas de media tensión subterráneas a 20 kV, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 150 mm Al, cunha lonxitude de 600 metros, con orixe no C.T. Carude para mellora do servicio eléctrico en Pinguela-Duquesa de Alba, concello de Monforte de Lemos.

Orzamento: 10.693.081 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 11 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9079