Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/112-2-4588 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Saénz Díez, 45. Ourense.

Denominación: C.T. San Mamede de Carballedo.

Situación: Carballedo.

Características técnicas: cambio de transformador sendo a nova potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V, para mellora do servicio eléctrico na zona San Mamede de Carballedo.

Orzamento: 1.137.876 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 6 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9083