Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se fai pública a adxudicación das obras de restauración da igrexa do mosteiro de San Salvador de Celanova (Ourense) polo procedemento negociado sen publicidade, logo da declaración de deserto do concurso público anunciado para o efecto.

Esta secretaría, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación do seguinte contrato de obras polo procedemento negociado sen publicidade, logo da declaración de deserto do concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente, anunciadas por Resolución do 4 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Turismo, e por Resolución do 26 de setembro de 1996, pola que se modifican os apartados 5 e 10 da Resolución do 4 de setembro, publicadas nos DOG nº 179 e 190, do 12 e 27 de setembro de 1996 respectivamente:

-Restauración da igrexa do mosteiro de San Salvador de Celanova, en Celanova (Ourense).

Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

Importe: trinta e seis millóns cincocentas oitenta e dúas mil novecentas oitenta pesetas (36.582.980 ptas.) IVE incluído.

Adxudicatario: Construcciones San José S.A.

Data da adxudicación: 5-11-1996.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

9262