Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

CONVOCATORIA de probas selectivas de persoal funcionario vacantes na RPT 96.

No BOP de Lugo, número 273, do 27 de novembro de 1996, publícanse as bases xerais que rexerán para prove-las prazas de persoal funcionario que a continuación se expresan, vacantes na RPT para 1996.

-Unha praza de técnico de Administración Financeira e Recadación. Grupo A.

Forma de provisión: concurso-oposición (acceso libre).

-Unha praza de técnico de Xestión. Grupo B.

Forma de provisión: concurso-oposición (promoción interna).

-Unha praza de encargado de Réxime Interior e Custodia. Grupo D.

Forma de provisión: concurso-oposición (promoción interna).

-Unha praza de adxunto a encargado de Réxime Interior e Custodia. Grupo D.

Forma de provisión: concurso-oposición (promoción interna).

Prazo de presentación de instancias: vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 2 de decembro de 1996.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación de Lugo