Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 1996/105-2-4581 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: paso de liña aérea a Subt. en alta tensión, no Palomar.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña subterránea de alta tensión, cunha lonxitude de 781 metros, en conductor UNE D.H.V. 15/25 de 1x240 mm Al. ó longo desta instalación subterránea instalaranse un total de 16 arquetas, incluídas as do principio de liña e final de liña. Esta instalación dará servicio o parque ferial do Palomar, campo de fútbol e un transformador de distribución existente, no término municipal de Lugo.

Orzamento: 14.088.327 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 29 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8981