Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/101-2-4576 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. para grupo escolar de Galdo.

Situación: Viveiro.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable designación UNE

D.H.V. 15/20 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 170 metros. Centrod e transformación de 100 kVA 6.000-20.000/398-230 V±5%, para subministración eléctrica ó grupo escolar de Galdo, concello de Viveiro.

Orzamento: 6.300.795 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 17 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8989