Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 95/38-2. Libro de rexistro: 4295 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1996, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Electricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Barxa, parroquia de Stª. Leocadia.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 594 metros, a de Barxa, 50 metros a de Piñor, sobre apoios de formigón vibrado e torres metálicas e conductor LA-56 de 54,6 mm de sección. Centros de transformación de 100 kVA en Barxa e Piñor, todos eles de 20.000-10.000/380-220-V+5%, sobre torres metálicas ó final da liña. Redes de baixa tensión con apoios de formigón, conductor R.Z.-95-50.

Orzamento: 18.450.466 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-8984