Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/72-2-4542 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Concello de Castro de Rei.

Enderezo social: Castro de Rei (Lugo).

Denominación: L.M.T., C.T. para depuradora de augas residuais.

Situación: Castro de Ribeiras de Lea, Castro de Rei.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 cunha lonxitude de 886 metros, sobre apoios metálicos. Centro de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio metálico, para depuradora de augas residuais en Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei.

Orzamento: 3.223.000 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 5 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9077