Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1996 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito nas parcelas 152B e 153, da rúa Marconi do polígono industrial do Tambre, de Santiago de Compostela, para servicios do Sergas.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2º do seu regulamento e á vista das competencias que teño atribuídas en base ó Decreto 335/1996, do 13 de setembro,

RESOLVO:

Facer público que por as necesidades do servicio ou función que se vai satisfacer no local, xustifícase, previa fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito nas parcelas 152B e 153

da Rúa Marconi do polígono industrial do Tambre en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral

9035