Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 381/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. Portela, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. Tibo-Curro, rematando no C.T. que se proxecta en Portela, concello de Barro.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 18 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Orzamento: 2.080.477 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 11 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra