Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación da poxa polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras de clave CC/PO/96.3, CC/PO/96.4.

a) Obra.

1. Reparación de beirarrúas e servicios na rúa Xeneral Rubín.

Clave: CC/PO/96.3.

Orzamento: vinte millóns trescentas mil pesetas (20.300.000).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: 406.000.

2. Pavimentación das rúas Arcebispo Malvar, Monteleón, Almirante Matos e Iglesias Vilaverde.

Clave: CC/PO/96.4.

Orzamento: once millóns setecentas cinco mil novecentas trece pesetas (11.705.913).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 234.118.

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación-española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do cuarto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda