Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.407

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de decembro de 1996 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos de Administración da Xunta de Galicia.

Presentada renuncia por parte de María Inmaculada Paz Romero, nomeada secretaria titular do tribunal C-2 encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia pola Orde do 29 de maio de 1996 (DOG nº 108, do 3 de xuño) (corrección de erros no nº 116, do 13 de xuño) esta consellería, de conformidade co establecido na normativa vixente,

DISPÓN:

Acepta-la renuncia de María Inmaculada Paz Romero como secretaria titular do tribunal número dous do grupo C, e nomear no seu lugar a Eduardo Suárez Campo, xefe do Servicio de Selección e Provisión de Postos de Traballo da Dirección Xeral da Función Pública.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública